DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 4 de agosto de 2026 Páx. 43129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 128-A.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 25 de xuño de 2026, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 128-A dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 687,59 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actual titular: Pilar Daporta Fernández (***3934**).

Novos titulares: Pilar Daporta Fernández (***3934**) e Joaquín Agra Agra (***2401**).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou unha copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 26 de xuño de 2026

A directora territorial de Vigo
Por suplencia (Resolución do 13.5.2024)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica