DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 4 de agosto de 2026 Páx. 43106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 21 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de cancelación individual da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2021/00057).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa identificada no anexo a resolución de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

A resolución foi ditada pola persoa titular do departamento territorial, e o texto íntegro, así como o seu expediente, atópanse á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial de Ourense, avenida de La Habana, 79, 1º, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A resolución mencionada non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser impugnada en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución devirá firme.

Ourense, 21 de xullo de 2026

A directora territorial de Ourense
P.S. (Orde do 18.6.2026)
Luz María Costa Fontán
Xefa do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior

ANEXO

Núm. de expediente

NIF/equivalente

Acto notificado

OU-2021/00057

YA560255

Resolución cancelación da inscrición