DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 4 de agosto de 2026 Páx. 42972

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución pola que se revisan os módulos económicos establecidos na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna para persoas dependentes con enfermidade mental para o período 2024-2028, e pola que se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632B).

O Diario Oficial de Galicia número 237, do 15 de decembro de 2023, publica a Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna para persoas dependentes con enfermidade mental para o período 2024-2028, e pola que se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632B).

O Diario Oficial de Galicia número 29, do 9 de febreiro de 2024, publica a Resolución da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, do 25 de xaneiro de 2024, pola que se publica a Resolución do 24 de xaneiro de 2024 pola que se asigna o concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna para persoas dependentes con enfermidade mental para o período 2024-2028.

De conformidade co disposto na Orde do 13 de decembro de 2023, a revisión dos prezos ou dos módulos económicos efectuarase mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia. Así, o 14 de xullo de 2026, a persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, dita a resolución de revisión dos módulos económicos.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 14 de xullo de 2026 pola que se revisan os módulos económicos establecidos na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna para persoas dependentes con enfermidade mental para o período 2024-2028, e pola que se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632B), que se xunta a esta resolución como anexo.

Segundo. Comunicar que a resolución de revisión dos módulos económicos esgota a vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á devandita publicación.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2026

Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución pola que se revisan os módulos económicos establecidos na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna para persoas dependentes con enfermidade mental para o período 2024-2028, e pola que se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632B)

O Diario Oficial de Galicia número 237, do 15 de decembro de 2023, publica a Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna para persoas dependentes con enfermidade mental para o período 2024-2028, e pola que se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632B).

O Diario Oficial de Galicia número 29, do 9 de febreiro de 2024, publica a Resolución da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, do 25 de xaneiro de 2024, pola que se publica a Resolución do 24 de xaneiro de 2024 pola que se asigna o concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna para persoas dependentes con enfermidade mental para o período 2024-2028.

O artigo 37.1.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia indica que os prezos ou módulos económicos fixados na convocatoria do concerto social poderán ser revisados cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo respecto das condicións económicas do concerto social.

A Orde do 13 de decembro de 2023 establece que os módulos económicos serán revisables conforme ás variacións económicas do Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, coas limitacións que estableza a normativa vixente, así como cando se produza unha variación substancial nos custos que implique unha alteración substancial do equilibrio económico do concerto social.

Así mesmo, dispón que a revisión dos prezos ou dos módulos económicos se efectuará mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

O 9 de abril de 2025 publicouse no Boletín Oficial del Estado a Resolución da Dirección Xeral de Traballo, do 26 de marzo de 2025, pola que se rexistra e publica o XVI Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, que determina un incremento nas retribucións salariais das persoas incluídas no seu ámbito de aplicación para as anualidades 2025-2028.

Mediante Resolución da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, do 20 de novembro de 2025, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 237, do 9 de decembro de 2025, a Resolución do 17 de novembro de 2025 pola que se revisan os módulos económicos fixados na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna para persoas dependentes con enfermidade mental para o período 2024-2028, e pola que se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632B), conforme aos incrementos retributivos propostos para o ano 2025 no XVI Convenio colectivo.

De conformidade co artigo 37.1.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e coa antedita Orde do 13 de decembro de 2023, e tendo en conta o incremento retributivo establecido no XVI Convenio colectivo para o ano 2026,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a revisión dos módulos económicos establecidos na Resolución do 17 de novembro de 2025 pola que se revisan os módulos económicos fixados na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna para persoas dependentes con enfermidade mental para o período 2024-2028, e pola que se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632B).

O incremento de prezos ascende a 5.329,70 € e financiarase con cargo á aplicación de gastos 08.04.312D.228.2 da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2026 e á aplicación que corresponda para os anos 2027 e 2028, coa seguinte distribución:

Orzamento 2026

Orzamento 2027

Orzamento 2028

Total orzamento

2.459,86 €

2.459,86 €

409,98 €

5.329,70 €

A desagregación por entidade e servizo concertado figura no anexo desta resolución.

Segundo. Os novos módulos económicos son os seguintes:

Servizo

Prezo sen IVE

IVE (4 %)

Prezo total

020706 Servizo de atención diúrna ocupacional de media estadía

513,17 €/mes

20,53 €

533,70 €/mes

Terceiro. Os efectos económicos da revisión dos módulos económicos serán desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 29 de febreiro de 2028.

As liquidacións sucesivas deberanse axustar aos novos módulos económicos e as correspondentes aos períodos anteriores á revisión serán obxecto de regularización conforme a esta actualización de prezos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á devandita publicación.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (disposición adicional terceira da Orde do 13.12.2023). Begoña Abeijón Fernández, directora xeral de Persoas con Discapacidade.

ANEXO

Orzamento por entidade e servizo concertado

Expediente

Entidade

Servizo concerto

Total prazas

IVE

Orzamento 2026

Orzamento

2027

Orzamento

2028

Total

orzamento

BS632B-1/2023

Asociación Saúde Mental A Creba

Servizo de atención diúrna ocupacional de media estadía

8

Exento

596,33 €

596,33 €

99,39 €

1.292,05 €

Total

8

596,33 €

596,33 €

99,39 €

1.292,05 €

BS632B-2/2023

Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos de Enfermos Mentais

Servizo de atención diúrna ocupacional de media estadía

8

Exento

596,33 €

596,33 €

99,39 €

1.292,05 €

Total

8

596,33 €

596,33 €

99,39 €

1.292,05 €

BS632B-3/2023

Asociación Lenda de Saúde Mental

Servizo de atención diúrna ocupacional de media estadía

9

Exento

670,87 €

670,87 €

111,81 €

1.453,55 €

Total

9

670,87 €

670,87 €

111,81 €

1.453,55 €

BS632B-4/2023

Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal

Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental

Servizo de atención diúrna ocupacional de media estadía

8

Exento

596,33 €

596,33 €

99,39 €

1.292,05 €

Total

8

596,33 €

596,33 €

99,39 €

1.292,05 €

Total orzamento da convocatoria BS632B

33

2.459,86 €

2.459,86 €

409,98 €

5.329,70 €