O Diario Oficial de Galicia número 237, do 15 de decembro de 2023, publica a Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade física para o período 2024-2028, e pola que se realiza a súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632C).
O Diario Oficial de Galicia número 37, do 21 de febreiro de 2024, publica a Resolución da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, do 8 de febreiro de 2024, pola que se publica a Resolución do 26 de xaneiro de 2024 pola que se asigna o concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade física para o período 2024-2028.
De conformidade co disposto na Orde do 13 de decembro de 2023, a revisión dos prezos ou dos módulos económicos efectuarase mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia. Así, o 14 de xullo de 2026, a persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, dita a resolución de revisión dos módulos económicos.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 14 de xullo de 2026 pola que se revisan os módulos económicos establecidos na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade física para o período 2024-2028, e pola que se realiza a súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632C), que se xunta á presente resolución como anexo.
Segundo. Comunicar que a resolución de revisión dos módulos económicos esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse un recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á devandita publicación.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2026
Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade
ANEXO
Resolución pola que se revisan os módulos económicos establecidos na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade física para o período 2024-2028, e pola que se realiza a súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632C).
O Diario Oficial de Galicia número 237, do 15 de decembro de 2023, publica a Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade física para o período 2024-2028, e pola que se realiza a súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632C).
O Diario Oficial de Galicia número 37, do 21 de febreiro de 2024, publica a Resolución da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, do 8 de febreiro de 2024, pola que se publica a Resolución do 26 de xaneiro de 2024 pola que se asigna o concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade física para o período 2024-2028.
O artigo 37.1.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia indica que os prezos ou módulos económicos fixados na convocatoria do concerto social poderán ser revisados cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo respecto das condicións económicas do concerto social.
A Orde do 13 de decembro de 2023 establece que os módulos económicos serán revisables conforme ás variacións económicas do Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, coas limitacións que estableza a normativa vixente, así como cando se produza unha variación substancial nos custos que implique unha alteración substancial do equilibrio económico do concerto social.
Así mesmo, dispón que a revisión dos prezos ou dos módulos económicos se efectuará mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.
O 9 de abril de 2025 publicouse no Boletín Oficial del Estado a Resolución da Dirección Xeral de Traballo, do 26 de marzo de 2025, pola que se rexistra e publica o XVI Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, que determina un incremento nas retribucións salariais das persoas incluídas no seu ámbito de aplicación para o período 2025-2028.
Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, do 25 de novembro de 2025, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 237, do 9 de decembro de 2025, a Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se revisan os módulos económicos fixados na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade física para o período 2024-2028, e pola que se realiza a súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632C), conforme aos incrementos retributivos propostos para o ano 2025 no XVI Convenio colectivo.
De conformidade co artigo 37.1.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e coa antedita Orde do 13 de decembro do 2023, e tendo en conta o incremento retributivo establecido no XVI Convenio colectivo para o ano 2026,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a revisión dos módulos económicos establecidos na Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se revisan os módulos económicos fixados na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade física para o período 2024-2028, e pola que se realiza a súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632C).
O incremento de prezos ascende a 228.370,85 €, que se financiará con cargo á aplicación de gastos 08.04.312D.228.2 da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2026 e á aplicación que corresponda para os anos 2027 e 2028, coa seguinte distribución:
|
Orzamento 2026 |
Orzamento 2027 |
Orzamento 2028 |
Total orzamento |
|
105.401,93 € |
105.401,93 € |
17.566,99 € |
228.370,85 € |
A desagregación por entidade e servizo concertado figura no anexo desta resolución.
Segundo. Os novos módulos económicos son os seguintes:
|
Servizo |
Prezo sen IVE |
IVE (4 %) |
Prezo total |
|
020201 Servizo de atención diúrna terapéutica |
1.594,80 €/mes |
63,79 € |
1.658,59 €/mes |
|
020202 Servizo de atención diúrna terapéutica de media estadía |
825,92 €/mes |
33,04 € |
858,96 €/mes |
|
020209 Servizo de atención residencial terapéutica |
3.196,73 €/mes |
127,87 € |
3.324,60 €/mes |
|
010107 Supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais |
1.305,59 €/mes |
52,22 € |
1.357,81 €/mes |
Terceiro. Os efectos económicos da revisión dos módulos económicos serán desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 29 de febreiro de 2028.
As liquidacións sucesivas deberanse axustar aos novos módulos económicos e as correspondentes aos períodos anteriores á revisión serán obxecto de regularización conforme á presente actualización de prezos.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse un recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á devandita publicación.
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional terceira da Orde do 13.12.2023). Begoña Abeijón Fernández, directora xeral de Persoas con Discapacidade.
