DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 4 de agosto de 2026 Páx. 42962

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a resolución pola que se revisan os módulos económicos establecidos na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con parálise cerebral para o período 2024-2028, e pola que se convocan mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632D).

O Diario Oficial de Galicia número 238, do 18 de decembro de 2023, publica a Orde do 13 de decembro do 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con parálise cerebral para o período 2024-2028, e pola que se convocan mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632D).

O Diario Oficial de Galicia número 37, do 21 de febreiro de 2024, publica a Resolución do 9 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 30 de xaneiro de 2024 pola que se asigna o concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con parálise cerebral para o período 2024-2028.

De conformidade co disposto na Orde do 13 de decembro de 2023, a revisión dos prezos ou dos módulos económicos efectuarase mediante unha resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia. Así, o 14 de xullo de 2026, a persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, dita a resolución de revisión dos módulos económicos.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar que se publique no Diario Oficial de Galicia o contido íntegro da Resolución do 14 de xullo de 2026 pola que se revisan os módulos económicos establecidos na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con parálise cerebral para o período 2024-2028, e pola que se convocan mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632D), que se xunta á presente resolución como anexo.

Segundo. Comunicar que a resolución de revisión dos módulos económicos esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da devandita publicación.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2026

Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución pola que se revisan os módulos económicos establecidos na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con parálise cerebral para o período 2024-2028, e pola que se convocan mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632D)

O Diario Oficial de Galicia número 238, do 18 de decembro de 2023, publica a Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con parálise cerebral para o período 2024-2028, e pola que se convocan mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632D).

O Diario Oficial de Galicia número 37, do 21 de febreiro de 2024, publica a Resolución da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, do 9 de febreiro de 2024, pola que se publica a Resolución do 30 de xaneiro de 2024 pola que se asigna o concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con parálise cerebral para o período 2024-2028.

O artigo 37.1.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia indica que os prezos ou módulos económicos fixados na convocatoria do concerto social poderán ser revisados cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo con respecto ás condicións económicas do concerto social.

A Orde do 13 de decembro de 2023 establece que os módulos económicos serán revisables de acordo coas variacións económicas do Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, coas limitacións que a normativa vixente estableza, así como cando se produza unha variación substancial nos custos que implique unha alteración substancial do equilibrio económico do concerto social.

Así mesmo, dispón que a revisión dos prezos ou dos módulos económicos se efectuará mediante unha resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

O 9 de abril de 2025 publicouse no Boletín Oficial del Estado a Resolución do 26 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se rexistra e publica o XVI Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, que determina un incremento nas retribucións salariais das persoas incluídas no seu ámbito de aplicación para as anualidades 2025 a 2028.

Mediante a Resolución do 21 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 237, do 9 de decembro, a Resolución do 17 de novembro de 2025 pola que se revisan os módulos económicos fixados na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con parálise cerebral para o período 2024-2028, e pola que se convocan mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632D), conforme os incrementos retributivos propostos para o ano 2025 no XVI Convenio colectivo.

De conformidade co artigo 37.1.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e coa Orde do 13 de decembro de 2023, e tendo en conta o incremento retributivo establecido no XVI Convenio colectivo para o ano 2026,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a revisión dos módulos económicos establecidos na Resolución do 17 de novembro de 2025 pola que se revisan os módulos económicos fixados na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con parálise cerebral para o período 2024-2028, e pola que se convocan mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632D).

O incremento de prezos ascende a 303.821,61 € e financiarase con cargo á aplicación de gastos 08.04.312D.228.2 da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2026 e á aplicación que corresponda para os anos 2027 e 2028, coa seguinte distribución:

Orzamento 2026

Orzamento 2027

Orzamento 2028

Total orzamento

140.231,53 €

140.231,53 €

23.358,55 €

303.821,61 €

A desagregación por entidade e servizo concertado figura no anexo desta resolución.

Segundo. Os novos módulos económicos son os seguintes:

Servizo

Prezo sen IVE

IVE (4 %)

Prezo total

020301 Servizo de atención diúrna terapéutica

1.652,62 €/mes

66,10 €

1.718,72 €/mes

020302 Servizo de atención diúrna terapéutica de media estadía

825,08 €/mes

33,00 €

858,08 €/mes

020306 Servizo de atención diúrna ocupacional

992,07 €/mes

39,68 €

1.031,75 €/mes

020309 Servizo de atención residencial terapéutica-Internado 365 días

3.962,48 €/mes

158,50 €

4.120,98 €/mes

020309 Servizo de atención residencial terapéutica-Respiro 130 días

192,63 €/día

7,71 €

200,34 €/día

020309 Servizo de atención residencial terapéutica-Respiro 104 días

192,63 €/día

7,71 €

200,34 €/día

Terceiro. Os efectos económicos da revisión dos módulos económicos serán desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 29 de febreiro de 2028.

As liquidacións sucesivas deberanse axustar aos novos módulos económicos e as correspondentes aos períodos anteriores á revisión serán obxecto de regularización de acordo coa presente actualización de prezos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte á dita publicación.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional terceira da Orde do 13.12.2023). Begoña Abeijón Fernández, directora xeral de Persoas con Discapacidade.

ANEXO

Orzamento por entidade e servizo concertado

Expediente

Entidade

Servizo concerto

Total prazas

IVE

Orzamento 2026

Orzamento

2027

Orzamento

2028

Total
orzamento

BS632D-1/2023

Asociación Aixiña

Servizo de atención diúrna terapéutica

10

4 %

3.102,02 €

3.102,02 €

517,01 €

6.721,05 €

Total

10

3.102,02 €

3.102,02 €

517,01 €

6.721,05 €

BS632D-2/2023

Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral (Aspace)

Servizo de atención diúrna terapéutica

46

Exento

13.720,46 €

13.720,46 €

2.286,74 €

29.727,66 €

Servizo de atención residencial terapéutica-Internado 365 días

50

35.386,38 €

35.386,38 €

5.897,73 €

76.670,49 €

Total

96

49.106,84 €

49.106,84 €

8.184,47 €

106.398,15 €

BS632D-3/2023

Asociación de Atención a la Parálisis Cerebral y Afines (Amencer-Aspace)

Servizo de atención diúrna terapéutica

42

Exento

12.527,38 €

12.527,38 €

2.087,90 €

27.142,66 €

Servizo de atención diúrna terapéutica de media estadía

2

293,57 €

293,57 €

48,93 €

636,07 €

Total

44

12.820,95 €

12.820,95 €

2.136,83 €

27.778,73 €

BS632D-4/2023

Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral (Apamp)

Servizo de atención diúrna terapéutica

41

Exento

12.229,10 €

12.229,10 €

2.038,18 €

26.496,38 €

Servizo de atención diúrna ocupacional

9

1.618,93 €

1.618,93 €

269,83 €

3.507,69 €

Servizo de atención residencial terapéutica-Internado 365 días

46

32.555,48 €

32.555,48 €

5.425,92 €

70.536,88 €

Servizo de atención residencial terapéutica-Respiro 130 días

2

746,46 €

746,46 €

114,84 €

1.607,76 €

Total

98

47.149,97 €

47.149,97 €

7.848,77 €

102.148,71 €

BS632D-5/2023

Cruz Roja Española

Servizo de atención diúrna terapéutica

10

Exento

2.982,71 €

2.982,71 €

497,12 €

6.462,54 €

Servizo de atención residencial terapéutica-Internado 365 días

35

24.770,46 €

24.770,46 €

4.128,41 €

53.669,33 €

Servizo de atención residencial terapéutica-Respiro 104 días

1

298,58 €

298,58 €

45,94 €

643,10 €

Total

46

28.051,75 €

28.051,75 €

4.671,47 €

60.774,97 €

Total orzamento da convocatoria BS632D

294

140.231,53 €

140.231,53 €

23.358,55 €

303.821,61 €