Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio comunícanse a todas as persoas interesadas os pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación, que se realizarán na casa do concello de Chantada, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade.
Lugo, 22 de xullo de 2026
Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/72-2.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: regulamentación da LAMT CHA 811 Saviñao 11 e CHA813 Currelos 13 entre AP D32 e AP D47 en Chantada (Lugo).
Convocatoria para o pagamento dos prezos xustos no Concello de Chantada.
|
Titular |
Día |
Hora |
Predio |
|
Hrdos. de Aurora Lorenzana Fernández (fiscal) |
4.11.2026 |
10.00 |
1 |
|
Regina Fernández Penas (fiscal) |
4.11.2026 |
10.00 |
2 |
