A que subscribe, Mª Mercedes Villanueva Ambroa, veciña do lugar de Pazos, parroquia de Borela, concello de Cerdedo Cotobade (Pontevedra), actuando como representante da Comunidade de Usuarios de Augas A Cachada, pola presente convoco a asemblea xeral a todas as persoas usuarias de augas, asemblea que se celebrará o 22 de agosto de 2026, ás 18.00 horas en primeira convocatoria e ás 19.00 horas en segunda convocatoria, no recinto da capela de Pazos de Borela, co seguinte
Orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Aprobación, se procede, das ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a comunidade.
3. Rogos e preguntas.
Pazos de Borela, 11 de xullo de 2026
Mª Mercedes Villanueva Ambroa
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Augas A Cachada
