DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 4 de agosto de 2026 Páx. 43000

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 3 de agosto de 2026 pola que se amplía o crédito dispoñible establecido na Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a iniciativa Industria Innova, dirixidas ao impulso de proxectos de desenvolvemento da innovación no sector industrial galego, orientados a mellorar a súa capacidade mediante o impulso de proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e a innovación de procesos e organización, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan para os anos 2026, 2027 e 2028 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG530B).

BDNS (Identif.): 880748.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/880748

Primeiro. Ampliación de crédito

Amplíase o crédito dispoñible da anualidade 2026 en 6.825.295,86 € na partida 09.A1.561A.7700, así como na anualidade 2028 en 3.730.000, dirixido aos proxectos que pertenzan ao ámbito estratéxico do sector automoción galego, de xeito que o crédito total para concesións na liña de automoción é de 10.262.795,86 € na anualidade 2026, de 8.125.000,00 € na anualidade 2027 e de 7.167.500,00 € na anualidade 2028.

Polo tanto, a dotación orzamentaria inicial total da axuda pasaría de 30.000.000 € a 40.555.295,86 €, distribuídos nas seguintes anualidades:

Ano 2026: 13.700.295,86 €.

Ano 2027: 16.250.000,00 €.

Ano 2028: 10.605.000,00 €.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2026

Ainhoa Mallo Martínez
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica