DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 4 de agosto de 2026 Páx. 42998

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2026 pola que se amplía o crédito dispoñible establecido na Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a iniciativa Industria Innova, dirixidas ao impulso de proxectos de desenvolvemento da innovación no sector industrial galego, orientados a mellorar a súa capacidade mediante o impulso de proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e a innovación de procesos e organización, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan para os anos 2026, 2027 e 2028 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG530B).

Mediante a Resolución do 30 de decembro de 2025 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas para a iniciativa Industria Innova, dirixidas ao impulso de proxectos de desenvolvemento da innovación no sector industrial galego, orientados a mellorar a súa capacidade mediante o impulso de proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e a innovación de procesos e organización, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026, 2027, 2028 en réxime de concorrencia competitiva (DOG núm. 10, do 16 de xaneiro de 2026).

A resolución prevía unha dotación orzamentaria para concesións de 30.000.000 € na partida 09.A1.561A.7700 distribuídos nas seguintes anualidades:

Partida orzamentaria

Ano 2026

Ano 2027

Ano 2028

09.A1.561A.7700

6.875.000 €

16.250.000 €

6.875.000 €

No caso específico do sector da automoción, os proxectos pertencentes a este ámbito estratéxico dispoñen dunha reserva do 50 % do crédito asignado á presente convocatoria, distribuídos nas seguintes anualidades:

Partida orzamentaria

Ano 2026

Ano 2027

Ano 2028

09.A1.561A.7700

3.437.500 €

8.125.0000 €

3.437.500 €

Co obxectivo de atender, na medida do posible, as expectativas das persoas solicitantes que optan á subvención reflectidas na elevada demanda desta liña de axudas no sector da automoción, e xa que existen remanentes de crédito non consumidos doutras convocatorias, resulta necesario ampliar o crédito dispoñible para concesións nesta convocatoria.

A convocatoria establece que a persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar o crédito, logo de declaración da súa dispoñibilidade, nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Por todo o anterior, de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar o crédito dispoñible da anualidade 2026 en 6.825.295,86 € na partida 09.A1.561A.770.00, así como na anualidade 2028 en 3.730.000, dirixido aos proxectos que pertenzan ao ámbito estratéxico do sector automoción galego, de xeito que o crédito total para concesións na liña de automoción é:

Partida orzamentaria

Ano 2026

Ano 2027

Ano 2028

09.A1.561A.7700

10.262.795,86 €

8.125.000,00 €

7.167.500,00 €

Polo tanto, a dotación orzamentaria inicial total da axuda pasaría de 30.000.000 € a 40.555.295,86 €, distribuídos nas seguintes anualidades:

Partida orzamentaria

Ano 2026

Ano 2027

Ano 2028

09.A1.561A.7700

13.700.295,86 €

16.250.000,00 €

10.605.000,00 €

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2026

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica