De conformidade co establecido na Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, en concreto, no seu artigo 63.1, na redacción dada pola Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de maio de 2026, publicado pola Resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) do 6 de maio (DOG núm. 90, do 18 de maio), no artigo 22 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como as acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas, e no Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo IGVS, a Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, en sesión realizada o 9 de xullo de 2026,
ACORDA:
Iniciar o proceso de selección de persoas adxudicatarias de vinte e catro (24) vivendas de protección oficial de promoción pública de réxime xeral sitas no concello de Ferrol, cuarteirón 1 (sector PP-1-R O Bertón) (expediente C-2023/010), que se desenvolverá de conformidade coas seguintes
Bases
Primeira. Obxecto do procedemento
1. O procedemento ten por obxecto adxudicar, logo do correspondente proceso de selección previsto nestas bases, as vinte e catro (24) vivendas de protección oficial de promoción pública sitas en Ferrol, cuarteirón 1, expediente C-2023/010, que se indican no anexo para a quenda xeral e para a de mobilidade reducida.
2. Para realizar a adxudicación realizarase un sorteo entre todas as persoas inscritas ou anotadas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda na Sección Primeira (demandantes de vivendas de protección oficial de promoción pública) para o concello de Ferrol como concello preferente.
Segunda. Características das vivendas
1. Tipoloxías das vivendas:
|
Núm. de vivendas |
Núm. de dormitorios |
|
|
3 |
2 |
1 adaptada para mobilidade reducida |
|
18 |
3 |
|
|
3 |
4 |
2. Composición familiar para cada vivenda:
|
Nº |
Tipoloxía das vivendas |
Núm. de membros |
|
2 |
2 dormitorios |
1 a 3 membros |
|
18 |
3 dormitorios |
4 membros |
|
3 |
4 dormitorios |
5 ou máis membros |
|
Reserva: vivenda adaptada para mobilidade reducida. Sen límite de membros nin idade. |
||
3. Todas as vivendas contan con garaxe e rocho.
Terceira. Cualificación da promoción e reservas
1. A promoción obtivo a cualificación provisional como vivendas de promoción pública de réxime xeral en virtude de Resolución da directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas do 3 de xullo de 2026.
2. De conformidade co disposto nos artigos 74 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, e 34.1.b) do Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, o 40 % (9) das vivendas da quenda xeral resérvanse para familias ou unidades convivenciais cuxa persoa titular teña menos de 36 anos, agás na quenda de mobilidade reducida, para a que se reserva 1 vivenda.
Cuarta. Requisitos dos/das beneficiarios/as
1. Conforme o disposto no artigo 63.1 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, poderán resultar adxudicatarias das vivendas as persoas residentes en Galicia, así como as persoas emigrantes retornadas, que reúnan, na data desta resolución de inicio, os seguintes requisitos:
a) Estar inscritas ou anotadas na sección primeira do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda para o concello de Ferrol como concello preferente e, se é o caso, na quenda de mobilidade reducida.
b) Acreditar ingresos ponderados por unidade familiar ou convivencial, no último exercicio fiscal vencido (2025), entre 0,7 e 4 veces o índice público de renda de efectos múltiples (IPREM) ou 4,5 veces, no caso de familias numerosas, ao abeiro do disposto no artigo 63.1 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia e no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de maio de 2026.
c) Residir ou traballar no concello de Ferrol, agás no caso de emigrantes que desexen retornar e que acrediten residir fóra de Galicia por un tempo non inferior a cinco anos.
d) Carecer, calquera membro da unidade familiar ou convivencial, de vivenda en calidade de propietario, agás que se dea algunha das seguintes circunstancias:
– Acreditar que a vivenda que se dispón sexa inhabitable, insuficiente ou inadecuada nos termos especificados na Resolución do 14 de setembro de 2012, do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Neste suposto quedarán obrigados a ofertar ao IGVS a dita vivenda para os efectos do disposto no artigo 10.V do Decreto 253/2007, do 13 de decembro.
– Habitar unha vivenda suxeita a expediente de expropiación ou desafiuzamento xudicial ou administrativo non imputable ao interesado, ou ben ocupar aloxamentos provisionais como consecuencia de situacións de emerxencia ou remodelación que impliquen a perda da vivenda.
e) Non encontrarse en ningunha destas circunstancias, referidas a calquera membro da unidade familiar ou convivencial:
– Que xa fosen titulares de vivendas de protección oficial de promoción pública e a perdesen como consecuencia dun procedemento de desafiuzamento, resolución de contrato tramitado polo IGVS ou a alleasen por calquera causa, coa excepción do cambio de residencia por motivos laborais, ou outros xustificados ao xuízo da Comisión Provincial.
– Que sexan titulares de bens inmobles de natureza rústica ou urbana suxeitos ao imposto sobre bens inmobles que teñan un valor catastral superior a 30.000 euros.
f) Para as vivendas reservadas conforme o disposto na cláusula terceira, para a quenda de mobilidade reducida, ter recoñecida esta condición no correspondente certificado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e, para a quenda de idade, constituír familias ou unidades convivenciais cuxa persoa titular teña menos de 36 anos.
2. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, será requisito para a adxudicación da vivenda manter a vixencia da inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda ao longo de todo o proceso de selección, de xeito que a falta de renovación da inscrición, de resultar obrigado/a a iso nos termos do artigo 15 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, en calquera momento anterior ao acordo da Comisión que aprobe a súa inclusión na lista definitiva de persoas adxudicatarias, determinará a perda do dereito ao acceso á vivenda.
Quinta. Réxime de adxudicación das vivendas da promoción
Ao abeiro do disposto no artigo 19.1 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro, en relación cos artigos 7, 9.2, 13 e 22.2.c) do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, e na Instrución 3/2023, do 8 de novembro, do director xeral do IGVS, o réxime de adxudicación das vivendas de protección oficial de promoción pública será en arrendamento.
Sexta. Condicións xerais
1. O contrato de arrendamento terá unha vixencia de sete anos (7), que se contarán desde a sinatura do contrato, sen prexuízo da súa prórroga, de conformidade co establecido na Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, na súa redacción dada polo Real decreto lei 7/2019, do 1 de marzo, de medidas urxentes en materia de vivenda e alugamento.
Unha vez transcorridos os prazos de prórroga fixados na devandita lei, o contrato poderá seguir prorrogándose por prazos anuais.
Estará prohibida en todo caso a cesión ou subarrendamento, total ou parcial. A contravención desta prohibición dará lugar á resolución do contrato de arrendamento, con independencia das sancións que procedan.
2. A renda inicial anual será a que resulte de aplicarlle o 2 % ao que sería o prezo de venda da vivenda e anexos, determinado de acordo co establecido no artigo 66 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, e no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de maio de 2026.
3. A eficacia da adxudicación estará condicionada á sinatura do correspondente contrato de arrendamento, logo do pagamento por parte da persoa adxudicataria da fianza correspondente.
Sétima. Procedemento de selección
1. O procedemento de selección tramitarase consonte o establecido nos artigos 22 a 28 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas.
2. A selección das persoas adxudicatarias efectuarase mediante sorteo, que terá lugar ante notario o día 11 de setembro de 2026, agás indispoñibilidade do fedatario autorizante, que a situación sanitaria non o permita ou calquera outra causa de forza maior apreciada pola Comisión, casos en que se publicará a data definitiva do sorteo na páxina web do IGVS, cunha antelación mínima de tres días naturais.
No sorteo participarán todas as persoas inscritas ou anotadas, na data desta resolución de inicio, no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda na Sección Primeira para o concello de Ferrol como concello preferente, nas quendas xerais e de mobilidade reducida.
3. O sorteo iniciarase coa quenda para vivendas adaptadas a persoas con mobilidade reducida e elixirán:
|
Mobilidade reducida |
|
|
Adxudicatarios |
1 |
|
Reservas |
5 |
4. De conformidade co previsto no artigo 22.2.h) do precitado Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, do Rexistro de Demandantes, na quenda xeral establécense lotes segundo o número de dormitorios das vivendas, e realizarase un sorteo diferenciado para cada un deles, que comezará, en todo caso, pola reserva a menores de 36 anos de idade, atendendo o seguinte:
Primeiro: vivendas de 4 dormitorios para unidades familiares ou convivenciais de 5 ou máis membros:
|
Cota menores de 36 anos |
Cota sen límite de idade |
|
|
Adxudicatarios |
1 |
2 |
|
Reservas |
3 |
6 |
Segundo: vivendas de 3 dormitorios para unidades familiares ou convivenciais de 4 membros:
|
Cota menores de 36 anos |
Cota sen límite de idade |
|
|
Adxudicatarios |
7 |
11 |
|
Reservas |
21 |
33 |
Terceiro: vivendas de 2 dormitorios para unidades familiares ou convivenciais de 1 a 3 membros:
|
Cota menores de 36 anos |
Cota sen límite de idade |
|
|
Adxudicatarios |
1 |
1 |
|
Reservas |
3 |
3 |
5. A orde de confección das respectivas listas de adxudicatarios provisionais e de reservas virá determinada pola orde de selección que se derive do sorteo.
6. No caso de que algún dos integrantes das cotas de menores de 36 anos tamén resultase adxudicatario na cota sen límite de idade, o seu posto nesta cota será ocupado na lista provisional polo candidato que corresponda da lista de reserva.
7. A composición das unidades familiares ou convivenciais que se terá en conta para a súa asignación a un ou outro lote para o sorteo será a que conste no Rexistro de Demandantes na data deste acordo de inicio, sen que poidan terse en consideración as modificacións producidas ou notificadas con posterioridade a esta data.
8. Unha vez rematado o sorteo procederase á publicación das listas provisionais das persoas adxudicatarias e de reserva dos respectivos lotes. Realizados os trámites previstos nos artigos 24 e 25 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, a Comisión Provincial de Vivenda ditará resolución aprobatoria das listas definitivas de persoas adxudicatarias e de reserva, nos respectivos lotes.
9. De conformidade co disposto no artigo 28 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, rematado este proceso a Área Provincial notificarallo ás persoas adxudicatarias.
Esta notificación deberá conter, entre outros, os seguintes datos: tipo de vivenda, superficie útil, réxime de adxudicación e renda. Igualmente advertiráselles que teñen quince días para aceptar ou renunciar á adxudicación e ao pagamento dos impostos, gastos ou fianza, de ser o caso, que lles corresponda.
Oitava. Publicidade, reclamacións e recursos
1. A resolución de inicio do procedemento de adxudicación publicarase no DOG e nela indicarase o medio onde se efectuarán as sucesivas publicacións, entendendo por estas publicacións as das listas provisional e definitiva de persoas adxudicatarias e de reserva.
A publicación das listas provisional e definitiva de persoas adxudicatarias e de reserva realizarase nos taboleiros de anuncios do concello, no da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e na páxina web do organismo.
A publicación substituirá as notificacións persoais de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
2. Tras a publicación da lista provisional na forma indicada, as persoas solicitantes que se consideren prexudicadas no seu dereito disporán dun prazo de dez días para presentar reclamacións ante a Comisión Provincial de Vivenda, que deberá adoptar a resolución que proceda no prazo máximo de tres meses.
3. Contra a aprobación da lista definitiva de persoas adxudicatarias e de reserva, logo da súa publicación nos termos sinalados no número 1, poderase interpor recurso de reposición de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Novena. Vixencia das listas definitivas
As listas definitivas deste proceso de selección manterán a súa vixencia ata que teña lugar algunha das seguintes circunstancias:
a) Que se adxudique a totalidade das vivendas desta promoción.
b) Que se produza a súa caducidade automática ao resultar esgotadas por non quedaren integrantes aos cales ofertar as vivendas.
A Coruña, 9 de xullo de 2026
María Begoña Freire Vázquez
Presidenta da Comisión Provincial de Vivenda
ANEXO
Vivendas
|
Nº |
Situación |
Vivenda |
Tipo |
Dormitorios |
Superficie útil (m²) |
|
|
Portal |
Andar |
|||||
|
1 |
1 |
1 |
A |
4 |
100,30 |
|
|
2 |
1 |
1 |
B |
3 |
80,90 |
|
|
3 |
1 |
2 |
A |
4 |
100,30 |
|
|
4 |
1 |
2 |
B |
3 |
80,90 |
|
|
5 |
1 |
3 |
A |
4 |
100,30 |
|
|
6 |
1 |
3 |
B |
3 |
80,90 |
|
|
7 |
2 |
1 |
A |
3 |
81,40 |
|
|
8 |
2 |
1 |
B |
3 |
81,25 |
|
|
9 |
2 |
2 |
A |
3 |
81,40 |
|
|
10 |
2 |
2 |
B |
3 |
81,25 |
|
|
11 |
2 |
3 |
A |
3 |
81,40 |
|
|
12 |
2 |
3 |
B |
3 |
81,25 |
|
|
13 |
3 |
1 |
A |
3 |
81,45 |
|
|
14 |
3 |
1 |
B |
3 |
81,30 |
|
|
15 |
3 |
2 |
A |
3 |
81,45 |
|
|
16 |
3 |
2 |
B |
3 |
81,30 |
|
|
17 |
3 |
3 |
A |
3 |
81,45 |
|
|
18 |
3 |
3 |
B |
3 |
81,30 |
|
|
19 |
4 |
1 |
A |
Adaptada |
2 |
71,25 |
|
20 |
4 |
1 |
B |
3 |
83,45 |
|
|
21 |
4 |
2 |
A |
2 |
71,25 |
|
|
22 |
4 |
2 |
B |
3 |
83,45 |
|
|
23 |
4 |
3 |
A |
2 |
71,25 |
|
|
24 |
4 |
3 |
B |
3 |
83,45 |
|
