DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 5 de agosto de 2026 Páx. 43346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 22 de xullo de 2026, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento de depósito de fianzas VI436B.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da devandita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouno a xefa da área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do devandito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 22 de xullo de 2026

Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

VI436B

35243720S

Requirimento