DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 5 de agosto de 2026 Páx. 43347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 22 de xullo de 2026 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente SR25-C-ARTEPEN-0-PIA.

De acordo co establecido nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia por ser descoñecidas, por ignorarse o lugar de notificación ou ben porque, unha vez intentada esta, non se puido efectuar.

O acto obxecto de notificación é o acordo de aprobación inicial do proxecto de interese autonómico para a creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública en Arteixo (A Penouqueira, A Baiuca), adoptado pola presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo o 3 de marzo de 2026.

A comparecencia para coñecer o contido integro deste acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Santiago de Compostela, en Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia destas notificacións queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen se que se efectúe a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2026

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

NIF

Referencia catastral

76695265V

0350120NH4904N

76325758M

0350120NH4904N