DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 5 de agosto de 2026 Páx. 43316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 23 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 245/26, con relación á resolución pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 39, do 25 de febreiro).

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento das persoas que aparezan como interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 245/26, con relación á resolución pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 39, do 25 de febreiro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á devandita sala, o que se notifica para o coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos á referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal