DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 5 de agosto de 2026 Páx. 43283

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 27 de xullo de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 27 de xullo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 7 de abril de 2026 (DOG núm. 67, do 13 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (DOG núm. 208, do 28 de outubro, con corrección de erros no DOG número 222, do 17 de novembro),

ACORDA:

Primeiro. Unha vez rematado o prazo para presentar as alegacións e/ou os recursos en relación co Acordo do 12 de xuño de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025, pola que se dá publicidade a diversos acordos, publicado no DOG núm. 117, do 25 de xuño, comunicar que non houbo nin alegacións nin ningún recurso.

Segundo. Declarar exentas de realizar o segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, ao abeiro do previsto na base II.1.1.2 da resolución de convocatoria.

Terceiro. Declarar rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2026

Mónica María Castro Pérez
Presidenta do tribunal