Mediante a Orde do 18 de febreiro de 2026 (DOG núm. 35, do 23 de febreiro), convocáronse os procedementos selectivos de acceso ao corpo de profesorado de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesorado de ensino secundario, ao corpo de profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, así como o procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesorado de ensino secundario, profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).
De conformidade co establecido nas bases décimo primeira, décimo oitava e décimo novena da citada orde, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar un período de prácticas que formará parte do proceso selectivo.
Ao existiren vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear persoal funcionario en prácticas as persoas aspirantes que foron destinadas a aquelas.
Na súa virtude, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
DISPÓN:
Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo de profesorado de ensino secundario, do corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, do corpo de profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional e do corpo de mestres (código de procedemento ED001A) as persoas aspirantes aos devanditos corpos que se relacionan no anexo da Orde do 21 de xullo de 2026 (DOG núm. 144, do 3 de agosto) pola que se fai pública a relación de persoal que superou os procedementos de acceso e ingreso convocados pola Orde do 18 de febreiro de 2026 (DOG núm. 35, do 23 de febreiro), coa excepción das persoas ás que se lles concedeu o adiamento da fase de prácticas para o curso académico 2026/27 e que se indican no anexo desta orde.
Segundo. O nomeamento como persoal funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2026 ata o 31 de agosto de 2027.
Terceiro. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións do persoal funcionario en prácticas.
Cuarto. O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente, lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co previsto no artigo 141 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Na falta de opción expresa, enténdese que opta pola percepción das retribucións correspondentes ao de persoal funcionario en prácticas.
Disposición derradeira única
Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar cantas medidas sexan necesarias e ditar as instrucións que considere oportunas para o correcto desenvolvemento e execución desta orde.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
ANEXO
Relación de adiamentos da fase de prácticas concedidos, para o curso académico 2026/27, ás seguintes persoas, que superaron os procedementos selectivos de ingreso convocados pola Orde do 18 de febreiro de 2026
|
DNI/NIE |
Nome e apelidos |
Corpo |
Especialidade |
|
***8204** |
Diego Pérez Arias |
Mestres |
Inglés |
|
***0201** |
Iago Fraga Vilas |
Profesorado de ensino secundario |
Latín |
|
***0445** |
María Marcos Lamas |
Profesorado de ensino secundario |
Lingua Castelá e Literatura |
|
***9776** |
Marina Gómez Mendía |
Profesorado de ensino secundario |
Xeografía e Historia |
