DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 5 de agosto de 2026 Páx. 43278

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 31 de xullo de 2026 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e pola que se convocan para o exercicio orzamentario de 2026 (código de procedemento MR340A).

A Orde do 23 de decembro de 2025 (publicada no DOG núm. 10, do 16 de xaneiro de 2026) establece as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e convoca as do exercicio orzamentario de 2026.

Na epígrafe 1 do seu artigo 33, Financiamento, relativo ao financiamento destas axudas, detállase a aplicación orzamentaria destinada a financiar as subvencións da convocatoria correspondentes a cada modalidade de axuda, así como o importe económico previsto para cada un dos exercicios orzamentarios establecidos.

Neste artigo sinálase, ademais, que os importes indicados se poderán incrementar nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A existencia de remanentes doutras convocatorias permite a ampliación dos fondos inicialmente previstos. Ademais, esta ampliación resulta necesaria dado o número de solicitudes de axuda presentadas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación da dotación orzamentaria

Amplíase a dotación orzamentaria destinada a financiar as subvencións para a modalidade de axuda correspondente á intervención 6842.2 que se establece na Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e pola que se convocan para o exercicio orzamentario de 2026 (procedemento MR340A ), nos seguintes importes:

Concepto orzamentario

Código de proxecto

Anualidade 2026 (€)

Anualidade 2027 (€)

Anualidade 2028 (€)

15.04.741A.770.0

202300154

1.355.721,37

706.431,08

1.943.847,55

De acordo con iso, a dotación orzamentaria total para o financiamento das subvencións desta orde é a seguinte:

Concepto orzamentario

Código de proxecto

Anualidade 2026 (€)

Anualidade 2027 (€)

Anualidade 2028 (€)

15.04.741A.770.0

202300154

5.757.520,37

5.658.455,08

3.594.522,55

Artigo 2. Prazo de solicitude

A ampliación prevista no artigo 1 desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 23 de decembro de 2025 citada.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural