BDNS (Identif.): 923172.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/923172
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas que, reunindo os requisitos previstos neste artigo, como consecuencia dos terremotos ocorridos o 24 de xuño de 2026 se atopen nunha situación de necesidade derivada da perda temporal ou definitiva das condicións de habitabilidade da súa vivenda habitual:
1. As persoas emigrantes nacidas en Galicia e residentes en Venezuela.
2. Os/as fillos/as daquelas que residan en Venezuela sempre que teñan a nacionalidade española e se atopen vinculados/as con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no exterior (PERE).
3. Os/as descendentes de emigrantes galegos ata o segundo grao por consanguinidade que teñan a nacionalidade española e se atopen vinculados/as con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no exterior (PERE).
Unicamente poderá presentarse unha solicitude por vivenda afectada.
Segundo. Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar en réxime de concorrencia non competitiva as axudas extraordinarias destinadas a paliar a situación de necesidade derivada da perda temporal ou definitiva das condicións de habitabilidade da residencia habitual das persoas galegas residentes en Venezuela afectadas polos terremotos ocorridos o 24 de xuño de 2026 (código de procedemento EM900A).
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 31 de xullo de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e o procedemento de concesión de axudas extraordinarias destinadas a paliar a situación de necesidade derivada da perda temporal ou definitiva das condicións de habitabilidade da residencia habitual como consecuencia dos terremotos ocorridos o 24 de xuño de 2026 en Venezuela (código de procedemento EM900A).
Cuarto. Importe
1. A concesión das axudas reguladas nesta resolución financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.312C.480.0, código de proxecto 2015 00034, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, por importe de cincocentos mil euros (500.000 €).
2. A contía da axuda por persoa beneficiaria é de 4.000 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o día de inicio do prazo fose inhábil, comezará o día hábil seguinte.
2. O prazo rematará o 1 de decembro de 2026.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
