DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 5 de agosto de 2026 Páx. 43231

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

DECRETO 85/2026, do 20 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello do Porriño (Pontevedra).

O Concello do Porriño (Pontevedra) considerou conveniente organizar correctamente o seu emblema municipal para perpetualo coa simboloxía adecuada e conforme as normas da heráldica. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o correspondente informe histórico-heráldico, cunha proposta de representación gráfica da bandeira, para a súa aprobación definitiva.

A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos dos concellos e doutras entidades locais correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2 do Estatuto de autonomía de Galicia.

O expediente tramitouse conforme as normas de procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia; no Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia e no Real decreto 2568/1986, do 10 de decembro, que aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais.

Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica de Galicia e por proposta da persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de xullo de dous mil vinte e seis,

DISPOÑO:

Artigo único

Aprobar a bandeira do Concello do Porriño (Pontevedra), organizada do seguinte xeito, do que se achega como anexo unha representación gráfica:

O pano azul coa torre donxonada de amarelo, flanqueada de dúas espigas, tamén de amarelo, e acompañada no alto do compás e chumbada de branco e dunha roda dentada, tamén de branco. Ao batente, dúas franxas de branco, verticais e ondadas.

Santiago de Compostela, vinte de xullo de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

missing image file