DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 5 de agosto de 2026 Páx. 43233

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión dunha árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a inclusión da seguinte árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras:

Data da solicitude: 1.5.2023.

Código: 178A.

Nome da árbore: eucaliptos do río da Cova.

Especie: Eucaliptus globulus Labill.

Localidade: Os Martices.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas: X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 520.827/4.715.777.

Motivo da catalogación: sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 00106/2026, do 13 de marzo de 2026.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2026

María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural