DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 5 de agosto de 2026 Páx. 43294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 3 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o estudo de impacto ambiental dos proxectos do parque eólico Repotenciación Barbanza I (expediente IN408A 2025/007) e do parque eólico Repotenciación Barbanza II (expediente IN408A 2025/006), situados nos concellos do Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e Boiro (A Coruña).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación, sométense a información pública de forma conxunta as solicitudes relacionadas coas instalacións que se describen a continuación:

1. Proxecto parque eólico Repotenciación Barbanza I.

Solicitante/promotora: Parque Eólico de Barbanza, S.A. (NIF: A81519100).

Enderezo: rúa Fernando de Casas Novoa, 35, portal B, 2º, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Núm. expediente: IN408A 2025/007.

Concellos afectados: O Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e Boiro (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 22,8 MW (4 aeroxeradores de 5,7 MW).

Potencia evacuable: 19,8 MW.

Produción neta anual: 78.620 MWh/ano.

Prazo de execución: 24 meses.

Orzamento de execución material: 25.561.699,66 €.

Ámbito territorial e localización das instalacións:

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice poligonal

Coordenadas UTM

do fuso 29 ETRS89

X

Y

1

503.071,00

4.725.747,00

2

503.632,00

4.725.747,00

3

503.405,00

4.723.998,00

4

504.292,00

4.723.771,00

5

503.999,00

4.722.235,00

6

502.911,00

4.721.554,00

7

502.781,00

4.720.979,00

8

502.410,00

4.720.721,00

9

502.333,00

4.720.875,00

10

502.624,00

4.721.830,00

11

503.638,00

4.722.464,00

12

503.750,00

4.723.053,00

13

502.506,00

4.723.053,00

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

do fuso 29 ETRS89

X

Y

BI-01

503.338,00

4.725.399,00

BI-02

503.298,00

4.724.601,00

BI-03

502.934,00

4.723.883,00

BI-04

503.269,00

4.723.561,00

Coordenadas da torre meteorolóxica:

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM

do fuso 29 ETRS89

X

Y

PMM

503.370,00

4.724.994,00

Coordenadas da subestación:

Vértices da

subestación

Coordenadas UTM

do fuso 29 ETRS89

X

Y

1

503.242,61

4.724.108,54

2

503.243,03

4.724.108,67

3

503.232,71

4.724.138,41

4

503.252,88

4.724.145,54

5

503.262,15

4.724.117,91

6

503.263,84

4.724.118,49

7

503.264,18

4.724.117,47

8

503.265,63

4.724.117,95

9

503.270,24

4.724.104,05

10

503.246,70

4.724.096,23

Obxecto da actuación:

O parque eólico Barbanza I leva en funcionamento desde o ano 1997, por este motivo Parque Eólico de Barbanza, S.A. promove unha renovación tecnolóxica completa do parque, que implica a desinstalación dos sesenta aeroxeradores existentes e a súa substitución por catro aeroxeradores máis modernos, eficientes e de maior potencia nominal, sen modificar a potencia máxima entregada á rede.

Na fase de desmantelamento do parque está prevista a retirada dos aeroxeradores, dos centros de transformación, das cimentacións existentes, das canalizacións eléctricas subterráneas e dos camiños que non se prevé usar coa nova configuración. Tamén se levará a cabo a restauración dos terreos e o desmantelamento da aparataxe interior de media tensión da subestación.

Características técnicas da instalación:

• Catro aeroxeradores tripá, modelo Nordex Energy N155/5.X, con 5,7 MW de potencia nominal unitaria, con velocidade e paso variable, altura de buxa de 108 m e diámetro de rotor de 155 m.

• Catro centros de transformación integrados no interior de cada aeroxerador, de potencia unitaria de 6.350 kVA e relación de transformación de 0,75/20 kV, coas súas correspondentes celas de seccionamento, manobra e protección.

• Unha torre meteorolóxica permanente autoportante de 115 m de altura provista dos correspondentes equipos de medición.

• Rede eléctrica soterrada a 20 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación SET Barbanza (20/66 kV), composta por dous circuítos con condutores tipo XLPE AI 12/20 kV UNE RH5Z1, de seccións 240 mm2 e 630 mm2.

• Rede de terras cun sistema único para a totalidade do parque, que estará unida á posta de terra da SET Barbanza 20/66 kV, de forma que ambas as instalacións formen un conxunto equipotencial.

• Rede de comunicacións co fin de realizar as tarefas de monitorización e control do parque eólico, que usará como soporte un cable de fibra óptica que se tenderá nas mesmas gabias dispostas para a evacuación da enerxía eléctrica.

• Adaptación da subestación eléctrica existente SET Barbanza (20/66 kV), consistente na renovación da aparataxe interior de media tensión para a conexión do parque eólico, así como o acondicionamento interior e exterior do edificio de control. A subestación manterá a configuración actual, de tipo illado 20/66 kV, que inclúe unha posición de liña en 66 kV e unha posición de transformación de 25/30 MVA ONAN/ONAF. A subestación será de uso compartido co parque eólico Repotenciación Barbanza II (expediente IN408A 2025/006).

• Finalmente, a enerxía xerada evacuarase a través da liña aérea existente que conecta a subestación do parque eólico coa subestación de Porto do Son (expediente IN407A 96/262-1), denominada LAT 66 kV Parque Eólico de Barbanza-Subestación do Porto do Son, que é obxecto dun proxecto independente.

• Obra civil consistente no desmantelamento das cimentacións dos aeroxeradores e da torre meteorolóxica, dos centros de transformación, das canalizacións para conducións eléctricas, de vías internas do parque e das plataformas de montaxe empregadas para o desmantelamento do parque eólico. Así mesmo, execución de vías da rede interior e adecuación da vía de acceso principal, execución das plataformas de montaxe e cimentacións dos aeroxeradores, da torre meteorolóxica permanente, canalizacións para conducións eléctricas e obras auxiliares asociadas, así como a adecuación do edificio de control.

2. Proxecto parque eólico Repotenciación Barbanza II.

Solicitante/promotora: Parque Eólico Barbanza, S.A. (NIF: A81519100).

Enderezo: rúa Fernando de Casas Novoa, 35, portal B, 2º. 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Núm. de expediente: IN408A 2025/006.

Concellos afectados: O Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e Boiro (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 11,4 MW (2 aeroxeradores de 5,7 MW).

Potencia evacuable: 9,24 MW .

Produción neta anual: 37.421 MWh/ano.

Prazo de execución: 20 meses.

Orzamento de execución material: 11.675.749,80 €.

Ámbito territorial e localización das instalacións:

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice poligonal

Coordenadas UTM

do fuso 29 ETRS89

X

Y

1

502.791,00

4.723.794,00

2

502.791,00

4.724.216,00

3

503.433,00

4.724.216,00

4

504.903,00

4.723.442,00

5

505.230,00

4.721.718,00

6

504.864,00

4.721.718,00

7

504.329,00

4.723.271,00

8

503.690,00

4.721.209,00

9

502.911,00

4.721.554,00

10

502.781,00

4.720.979,00

11

502.410,00

4.720.721,00

12

501.937,00

4.720.402,00

13

501.567,00

4.720.966,00

14

503.273,00

4.722.406,00

15

503.122,00

4.723.794,00

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

do fuso 29 ETRS89

X

Y

BII-01

503.449,00

4.723.110,00

BII-02

503.559,00

4.721.540,00

Obxecto da actuación:

O parque eólico Barbanza II está en funcionamento desde o ano 1999, por ese motivo Parque Eólico de Barbanza, S.A. promove unha renovación tecnolóxica completa do parque, que implica a desinstalación dos 27 aeroxeradores existentes e a súa substitución por dous aeroxeradores máis modernos, eficientes e de maior potencia nominal, sen modificar a potencia máxima entregada á rede.

Na fase de desmantelamento do parque está prevista a retirada dos aeroxeradores, centros de transformación, cimentacións existentes, canalizacións eléctricas subterráneas e camiños que no se prevé usar coa nova configuración. Tamén se levará a cabo a restauración dos terreos.

Características técnicas da instalación:

• Dous aeroxeradores tripá, modelo Nordex Energy N155/5.XMW, con 5,7 MW de potencia nominal unitaria, con velocidade e paso variable, altura de buxa de 108 m e diámetro de rotor de 155 m.

• Dous centros de transformación montados no interior de cada aeroxerador, de potencia unitaria de 6.350 kVA e relación de transformación de 0,75/20 kV, coas súas correspondentes celas de seccionamento, manobra e protección.

• Rede eléctrica soterrada a 20 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación SET Barbanza (20/66 kV) (obxecto do proxecto técnico Repotenciación Barbanza I), composta por un circuíto con condutores tipo XLPE AI 12/20 kV UNE RH5Z1, de seccións 240 mm2 e 630 mm2.

• Rede de terras cun sistema único para a totalidade do parque e estará unido á posta a terra da subestación SET Barbanza (20/66 kV). Comprenderá, así mesmo, as terras de protección e de servizo.

• Rede de comunicacións co fin de realizar as tarefas de monitorización e control do parque eólico, que usará como soporte un cable de fibra óptica que se tenderá nas mesmas gabias dispostas para a evacuación da enerxía eléctrica.

• Substitución da aparataxe interior de media tensión para a conexión do parque eólico á subestación Barbanza (20/66 kV). A subestación será de uso compartido co parque eólico Repotenciación Barbanza I (expediente IN408A 2025/007) polo que as actuacións previstas no edificio de control, operación e mantemento estarán suxeitas ao indicado no devandito proxecto.

• Finalmente, a enerxía xerada evacuarase a través da liña aérea existente que conecta a subestación do parque eólico coa subestación do Porto do Son (expediente IN407A 96/262-1), denominada LAT 66 kV Parque Eólico de Barbanza-Subestación do Porto do Son, que é obxecto dun proxecto independente.

• Obra civil consistente no desmantelamento das cimentacións dos aeroxeradores, dos centros de transformación, das canalizacións para conducións eléctricas, de vías internas do parque e das plataformas de montaxe empregadas para o desmantelamento do parque eólico. Así mesmo, execución de vías da rede interior e adecuación da vía de acceso principal, execución das plataformas de montaxe e cimentacións dos aeroxeradores, canalizacións para conducións eléctricas e obras auxiliares asociadas.

Obxecto da información pública:

As solicitudes teñen por obxecto o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións de produción de enerxía eléctrica correspondentes aos proxectos dos parques eólicos Repotenciación Barbanza I e Repotenciación Barbanza II. Estas autorizacións, de conformidade co disposto no artigo 53.1, epígrafes a) e b), da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, confiren respectivamente o dereito a realizar unha instalación concreta e a facultade para a súa construción. Os procedementos tramítanse segundo o establecido na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia. A competencia para autorizar os proxectos correspóndelle á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.

O proxecto das instalacións eléctricas está sometido ao procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria, de acordo co disposto no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución do parque eólico Barbanza I (renovación tecnolóxica) (visado o 16.6.2026).

2. O proxecto de execución do parque eólico Barbanza II (renovación tecnolóxica) (visado o 16.6.2026).

3. O estudo de impacto ambiental «Estudio de impacto ambiental parque eólico Barbanza I (renovación tecnológica) y parque eólico Barbanza II (renovación tecnológica)» (asinado o 29.6.2026).

Polo exposto, sométese a información pública para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

A documentación estará á disposición para a súa consulta nas dependencias do Servizo de Enerxías Renovables e Infraestruturas do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 82 e 981 18 49 83), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nos concellos afectados. Así mesmo, tamén se poderá consultar no portal web desta consellería a través da seguinte ligazón: https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

A Coruña, 3 de xullo de 2026

María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña