De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 22 de xullo de 2026 do proxecto Campamento de turismo temático (canino) no lugar de Carballido, na parroquia de Dodro, no concello de Arzúa (A Coruña), promovido por Gonzalo Pampín Duro.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
