DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 5 de agosto de 2026 Páx. 43257

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 29 de decembro de 2025 pola se modifica parcialmente a Orde do 8 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se realiza a primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C para persoas traballadoras desempregadas para os anos 2025-2026, e se realiza a súa segunda convocatoria para os exercicios 2026 e 2027, código de procedemento TR301K (Diario Oficial de Galicia número 7, do 13 de xaneiro de 2026).

Mediante a Orde do 8 de xullo de 2025 (DOG núm. 130, do 9 de xullo), a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración estableceu as bases reguladoras para o período 2025-2027 e realizou a primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C para persoas traballadoras desempregadas para os anos 2025-2026.

Mediante a Orde do 29 de decembro de 2025 (DOG núm. 7, do 13 de xaneiro de 2026) modificouse parcialmente a Orde do 8 de xullo de 2025 e realizouse a segunda convocatoria de subvencións para os exercicios 2026 e 2027.

Posteriormente, mediante a Orde do 13 de marzo de 2026 (DOG núm. 53, do 20 de marzo), publicouse a ampliación de crédito da Orde do 29 de decembro de 2025.

No artigo 4 da Orde do 29 de decembro de 2025 recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.03.323A.460.1, 14.03.323A.471.0 e 14.03.323A.481.0, código de proxecto 2021 00149, por un total de 40.000.000 €, distribuído entre as anualidades 2026 (30.000.000 €) e 2027 (10.000.000 €).

Como consecuencia da ampliación de crédito publicada mediante a Orde do 13 de marzo de 2026, o importe da convocatoria pasou a ser de 60.000.000 €, dos cales 50.000.000 € corresponden á anualidade 2026 e 10.000.000 € á anualidade 2027.

Esta orde está financiada con fondos finalistas procedentes do Estado. No artigo 4 da Orde do 29 de decembro de 2025 establécese que os créditos poderán ser obxecto de modificacións nos supostos e nas condicións previstos nos artigos 30 e 31 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

O proceso de instrución dos expedientes, segundo o establecido no artigo 14 das bases reguladoras, require que se realice unha primeira redistribución do crédito da anualidade 2026 entre as distintas aplicacións orzamentarias, en función do tipo de entidade que vai ser beneficiaria da subvención (empresas, entidades locais ou entidades sen ánimo de lucro).

De acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará unha nova convocatoria, pero si as modificacións que procedan no expediente de gasto e a publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego,

RESOLVE:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas na Orde do 29 de decembro de 2025 pola se modifica parcialmente a Orde do 8 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se realiza a primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C para persoas traballadoras desempregadas para os anos 2025-2026, e se realiza a súa segunda convocatoria para os exercicios 2026 e 2027 (código de procedemento TR301K), que foi ampliado mediante a Orde do 13 de marzo de 2026, redistribuíndo o importe establecido para a anualidade 2026 da seguinte maneira, sen variar o orzamento total:

Anualidade 2026

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Orzamento inicial + ampliación

Modificacións

Orzamento final

14.03.323A.461.0

2021 00149

2.964.514,00 €

-150.000,00 €

2.814.514,00 €

14.03.323A.471.0

2021 00149

36.488.868,00 €

1.444.262,77 €

37.933.130,77 €

14.03.323A.481.0

2021 00149

10.546.618,00 €

-1.294.262,77 €

9.252.355,23 €

Total

2021 00149

50.000.000,00 €

50.000.000,00 €

Inicialmente a distribución prevista na orde de convocatoria para a anualidade 2027 non é preciso modificala.

Segundo. Esta modificación, unha vez que se publique no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2026

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego