DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 5 de agosto de 2026 Páx. 43352

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

EDICTO de información pública da aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para completar a urbanización parcial da rúa Alonso López, esquina coa rúa Muíño do Vento.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 4 de maio de 2026, acordou a aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para completar a urbanización parcial da rúa Alonso López, esquina coa rúa Muíño do Vento, e outros acordos complementarios, e facer as publicacións e notificacións regulamentarias.

Consonte o disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 febreiro, do Solo de Galicia, o expediente exponse ao público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou á valoración dos seus respectivos dereitos, coa obriga de achegar a documentación acreditativa do seu dereito no devandito prazo.

O expediente pode consultarse nas oficinas do Negociado de Planeamento e Xestión do Concello de Ferrol, sitas na rúa María, número 52-54, 5º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, e no taboleiro de anuncios da páxina web do Concello, na seguinte ligazón: https://www.ferrol.es/Sede/TaboleiroAnuncios

Para a debida publicidade, e para os efectos das alegacións oportunas no devandito prazo, exponse a seguinte relación de bens e dereitos para expropiar:

Núm.de predio

Referencia catastral

Superficie predio

Afección

Superficie afectada

Titular

NIF

01

1249712NJ6114N0001HP

194,66 m²

Parcial

122 m²

María Piedad Porta Martínez (25 %)

***8086**

Vicente Antonio Porta Montero (7 %)

***6118**

María José Porta Montero (7 %)

***4480**

Claudina Montero Otero (11 %)

***7800**

María Montserrat Porta Hermida (25 %)

***6053**

Óscar Porta Maciñeira (12,5 %)

***9374**

Araceli María Porta Maciñeira (12,5 %)

***0556**

02

1249713NJ6114N0001WP

132 m²

Parcial

26 m²

Javier Orozco Corredoira (50 %)

***1868**

María Esperanza Escribano Villajos (50 %)

03

1249714NJ6114N0001AP

91 m²

Parcial

21 m²

Javier Orozco Corredoira (50 %)

***1868**

María Esperanza Escribano Villajos (50 %)

Ferrol, 24 de xullo de 2026

Xosé Manuel Rey Varela
Alcalde