De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse a notificación do acto que se indica e esta non se puido practicar por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ás persoas titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto para notificar |
Ref. catastral Polígono/parcela |
Localización |
Persoa interesada Persoa responsable |
|
Orde de execución (Exp. 1018-2026) Resolución inicio, O. E. do 1.7.2026 |
36043A043000690000JR (Polígono 43-parcela 69) |
A Insua Ponte Caldelas |
En investigación |
|
Orde de execución (Exp. 891-2026) Resolución inicio, O. E. do 8.7.2026 |
36043A012004070000JU (Polígono 12-parcela 407) |
Paradela Ponte Caldelas |
Marina Amoedo Otero |
|
Orde de execución (Exp. 1176-2026) Resolución inicio, O. E. do 8.7.2026 |
36043A036002390000JH 36043A036002390001KJ (Polígono 36-parcela 239) |
A Roca-A Insua Ponte Caldelas |
Herminda Martínez Vaqueiro |
|
Orde de execución (Exp. 1261-2026) Resolución inicio, O. E. do 8.7.2026 |
36043A036012510000JY (Polígono 36-parcela 1251) |
A Roca-A Insua Ponte Caldelas |
Digna Pereira Orge |
En virtude do exposto, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario da xestión da biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia para que lle sirva de notificación á persoa interesada, e para este fin infórmaselle de que tanto a notificación coma o expediente se atopan á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra) e na sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas prohibidas ou cando resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de que se incumpran os traballos de xestión de biomasa, repercutíndolles os custos ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de lles facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Ponte Caldelas, 13 de xullo de 2026
Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente
