DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 5 de agosto de 2026 Páx. 43356

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos ou resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

3.7.2026

36050A07300023

Salgosa-Fiolledo-Salvaterra de Miño-Pontevedra

073 00023

Descoñecida

3.7.2026

36050A03000007

Feira-Corzáns-Salvaterra de Miño-Pontevedra

030 00007

Josefa Lago Lago

16.10.2025

36050A09200174

Arras-Cabreira-Salvaterra de Miño-Pontevedra

035 00174

Ramiro Bargiela

16.10.2025

36050A00601435

Gandarela-Pesqueiras-Salvaterra-Pontevedra

006 1435

Aurora Rodríguez Pérez

16.10.2025

36050A00601436

Gandarela-Pesqueiras-Salvaterra-Pontevedra

006 1436

María Rodríguez Pérez

11.5.2026

36050A00200322

Rúa Castelao-Salvaterra de Miño-Pontevedra

002 00322

Descoñecida

11.5.2026

36050A00200323

Rúa Castelao-Salvaterra de Miño-Pontevedra

002 00323

Descoñecida

16.10.2025

36050A00108085

Rúa Rosalía de Castro-Salvaterra de Miño-Pontevedra

001 08085

Descoñecida

8.8.2025

36050A04700092

Queimadiña-Leirado-Salvaterra de Miño-Pontevedra

047 00092

Descoñecida

16.10.2025

36050A05200007

Gaiosa-Lira-Salvaterra de Miño-Pontevedra

052 00007

Eduardo González Alonso e/ou herdeiros

11.5.2026

36050A00300562

As Ermitas-Salvaterra de Miño-Pontevedra

003 00562

Hdros. Rosa González Picorulo

11.5.2026

36050A00300565

As Ermitas-Salvaterra de Miño-Pontevedra

003 00565

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se impoñerá por multa coercitiva será de 100 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

621/2024

36050A07300023

0,0214

1.688,89 €

36,14 €

794/2024

36050A03000007

0,2275

1.688,89 €

384,22 €

1532/2025

36050A09200174

0,0759

1.688,89 €

128,19 €

1178/2025

36050A00601435

0,0277

3.545,82 €

98,22 €

1178/2025

36050A00601436

0,0243

3.545,82 €

86,16 €

1779/2025

36050A00108085

0,0513

1.688,89 €

86,64 €

1239/2025

36050A04700092

0,2732

2.056 €

561,69 €

1816/2025

36050A05200007

0,0985

1.688,89 €

166,35 €

805/2026

36050A00300562

0,0498

1.688,89 €

84,12 €

805/2026

36050A00300565

0,0498

1.688,89 €

84,12 €

566/2026

36050A00200322

0,0475

3.545,82 €

168,43 €

566/2026

36050A00200323

0,0593

1.688,89 €

100,15 €

4º. A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, en que poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Salvaterra de Miño, 15 de xullo de 2026

Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa