Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a convocatoria de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación que se sinala no cadro anexo.
Lugo, 23 de xullo de 2026
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2025/102 ATE.
Denominación: Regulamentación LMTA CHA813 en tramo entre apoios nº 69-105 e nº 69-106, no concello de Taboada.
|
Nº predio |
Polígono |
Parcela |
Propietario |
Data actas |
Hora |
|
2 |
134 |
1 |
Descoñecido |
5.11.2026 |
10.00 |
