DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 6 de agosto de 2026 Páx. 43425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 24 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto da redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio AU45GV73//D9-1 e instalación dun reconectador na LMTA LAL805 no concello de Lalín.

Para darlle cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio AU45GV73//D9-1 e instalación dun reconectador na LMTA LAL805, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 24 de xullo de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/172-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Substitución do apoio AU45GV73//D9-1 e instalación dun reconectador na LMTA LAL805.

Concello: Lalín.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

Data

Hora

1

36024A224000210000YF

Amido

Hros. Celsa García García

19 de agosto de 2026

12.00