Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración as persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Pravio, no concello de Cambre (expediente IN407A 2024/133-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 24 de xullo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/133-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Pravio.
Concello: Cambre.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade |
Data de ocupación |
|
1 |
Os Fabás, 20 |
5140901NH5954S0001DO |
Descoñecida |
10.8.2026 |
|
3 |
A Fontevella |
15017A011002350000MJ |
Descoñecida |
10.8.2026 |
