DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 6 de agosto de 2026 Páx. 43444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de xullo de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifica o acordo de inicio de expediente de extinción de concesión de auga (expediente DH.A15.27284 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente DH.A15.27284 e un máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

DH.A15.27284

32530000L

22.4.2026

DH.A15.26476

76341763W

22.4.2026