Mediante a Resolución da directora da Axencia Galega de Infraestruturas do 17 de xullo de 2026 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción Rehabilitación de varias obras de drenaxe transversal nas estradas PO-331 e PO-532, de clave PO/25/040.02, nos concellos de Gondomar e Ponte Caldelas (Pontevedra).
Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,
ACORDO:
Primeiro. Que para os efectos previstos na Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa, e no Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o seu regulamento de desenvolvemento, se someta ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.
Segundo. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.
A documentación do proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, nas casas dos concellos de Gondomar e Ponte Caldelas; e na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, onde tamén se atopa un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2026
María Deza Martínez
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas
