Pola Resolución do 26 de maio de 2026 (DOG número 104, do 5 de xuño), convocouse concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.
Á vista da proposta da comisión encargada de valorar os méritos alegados polas persoas concursantes e de conformidade coa base IX da convocatoria, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Publicar as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas para cada un dos postos solicitados, no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal na epígrafe de concurso de traslados https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta
Segundo. As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, concretamente ata o 21 de agosto de 2026. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base IV da convocatoria («Tramitación electrónica») https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions/
A reclamación deberá especificar a alínea ou alíneas da base III sobre as que se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
