BDNS (Identif.): 922904.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/922904
Primeiro. Persoas beneficiarias
Estudantado que está matriculado en centros propios no curso 2026/27 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus en que se opta á bolsa.
Segundo. Obxecto
Desenvolver programas formativos conxuntos coas empresas e coas institucións que melloren a empregabilidade do estudantado, a través do fomento dunha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación en que se matricula.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución reitoral pola que se convocan bolsas de formación en unidades e áreas dirixidas ao estudantado da Universidade de Vigo para o curso 2026/27.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de oitenta e nove mil cincuenta e un euros con corenta céntimos (89.051,40 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 3 de agosto ata o 10 de setembro de 2026.
Vigo, 31 de xullo de 2026
A reitora da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 2.7.2026; DOG do 8 de xullo)
María Dolores González Álvarez
Vicerreitora de Estudantes e Vida Universitaria
