DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 7 de agosto de 2026 Páx. 43538

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2026 pola que se resolven as solicitudes de subvención convocadas pola Resolución do 17 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2026 (código de procedemento MR302B).

A Resolución do 17 de abril de 2026 (DOG do 28 de abril) establece o marco das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e convoca as do exercicio orzamentario 2026 (código de procedemento MR302B).

As axudas convocadas consisten en subvencións para actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade das reguladas no capítulo II do título III da Lei 1/2024, do 11 de xaneiro, ou acollidos á produción ecolóxica a que se refire o capítulo IV do mesmo título da dita lei. A concesión das subvencións, segundo establecen as bases reguladoras, efectuarase mediante concorrencia competitiva polo sistema de rateo.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas, e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias, procede resolver a convocatoria.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións convocadas pola Resolución do 17 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2026 (código de procedemento MR302B) (DOG núm. 78, do 28 de abril). Estas axudas van con cargo á aplicación orzamentaria 15.A2.713D.781.0, código de proxecto 2011 00765, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

Os beneficiarios e as contías destas axudas relaciónanse no anexo I desta resolución e para a súa adxudicación tivéronse en conta os requisitos e criterios establecidos no artigo 5 da convocatoria. Os gastos atendibles para cada expediente son os que figuran no anexo II.

Sinálase que, para os gastos directamente relacionados coa acreditación, se concede un 50 % de axuda sobre o gasto subvencionable e para o resto de gastos, unha vez aplicado o rateo, aplicouse unha porcentaxe de axuda do 48,19 % (equivalente a un 96,39 % sobre a porcentaxe máxima de subvención, que é do 50 %) do investimento subvencionable.

Estas axudas teñen por finalidade apoiar as actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos.

Segundo. Informar do seguinte os consellos reguladores beneficiarios que figuran nos anexos desta resolución:

a) As condicións de aplicación a estas axudas son, con carácter xeral, as establecidas na Resolución desta axencia do 17 de abril de 2026, que as regula e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable. Ademais, estas axudas teñen o carácter de axudas de minimis, polo que deben cumprir o establecido no Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tívose en conta a información e a documentación incluída coa solicitude de axuda. Calquera modificación que afecte esta información ou documentación achegada poderá dar lugar á modificación desta resolución, coa revogación da axuda, se é o caso.

c) Para proceder ao pagamento da subvención, o beneficiario deberá cumprir as condicións establecidas na Resolución do 17 de abril de 2026 e, sen superar a data límite de xustificación que se establece na letra f), presentar a seguinte documentación:

– Memoria explicativa do programa desenvolvido e xustificantes dos gastos realizados, acompañados dunha relación numerada de todos eles. No caso dos pagamentos de salarios ao persoal, presentarase copia das nóminas, RLC e RNT (antes TC1 e TC2) e o modelo 111 dos trimestres que correspondan. Presentarase tamén a documentación que acredite o pagamento dos gastos realizados (extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados). Na memoria especificaranse cales dos gastos realizados están, de ser o caso, directamente vinculados coa acreditación do consello regulador, conforme o establecido no artigo 5.3 da citada Resolución do 17 de abril de 2026.

– Declaración do beneficiario sobre calquera outra axuda de minimis (Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis) solicitada ou recibida nos tres anos previos.

– Declaración do beneficiario sobre outras axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos gastos das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

As declaracións sobre axudas a que se refiren os dous parágrafos anteriores presentaranse conforme o modelo de declaracións do anexo II da citada Resolución do 17 de abril de 2026 desta axencia.

d) Infórmanse, ademais, de que os seus datos persoais serán obxecto das publicacións legalmente establecidas de acordo co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas da Administración pública galega, e co Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

e) Só se admitirán modificacións na execución dos investimentos subvencionables nas condicións sinaladas no artigo 14 da Resolución do 17 de abril de 2026.

f) A data máxima de xustificación será o 15 de setembro de 2026.

As resolucións expresas ou presuntas ditadas en aplicación desta resolución non porán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Presidencia da Axencia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026

Martín Alemparte Vidal
Director xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO I

Axudas concedidas

Nº expediente e beneficiario

Gasto máximo atendible

Subvención

Vinculado á acreditación (€)

(nº alcances)

Non vinculado á acreditación (€)

Total (€)

Para gastos vinculados á acreditación (€)

Para gastos

non vinculados á acreditación tras o rateo (€)

Subvención total (€)

G-001-PCC-26 Craega

72.000,00 (7)

42.000,00

114.000,00

36.000,00 €

20.242,36 €

56.242,36 €

G-002-PCC-26 CR DO Monterrei

18.000,00 (1)

42.000,00

60.000,00

9.000,00 €

20.242,36 €

29.242,36 €

G-003-PCC-26 CR DO Rías Baixas

18.000,00 (1)

42.000,00

60.000,00

9.000,00 €

20.242,36 €

29.242,36 €

G-004-PCC-26 CR DO Ribeira Sacra

18.000,00 (1)

42.000,00

60.000,00

9.000,00 €

20.242,36 €

29.242,36 €

G-005-PCC-26 CR DO Ribeiro

18.000,00 (1)

42.000,00

60.000,00

9.000,00 €

20.242,36 €

29.242,36 €

G-006-PCC-26 CR DO Valdeorras

18.000,00 (1)

40.750,00

58.750,00

9.000,00 €

19.639,84 €

28.639,84 €

G-007-PCC-26 CR DOP Arzúa-Ulloa

0

10.253,41

10.253,41

0,00 €

4.941,74 €

4.941,74 €

G-008-PCC-26 CR DOP Cebreiro

0

1.742,05

1.742,05

0,00 €

839,60 €

839,60 €

G-009-PCC-26 CR DOP Queixo Tetilla

18.000,00 (1)

42.000,00

60.000,00

9.000,00 €

20.242,36 €

29.242,36 €

G-010-PCC-26 CR DOP San Simón da Costa

0

5.607,50

5.607,50

0,00 €

2.702,59 €

2.702,59 €

G-011-PCC-26 CR das II.XX. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

0

42.000,00

42.000,00

0,00 €

20.242,36 €

20.242,36 €

G-012-PCC-26 CR IXP Castaña de Galicia

0

1.478,44

1.478,44

0,00 €

712,55 €

712,55 €

G-013-PCC-26 CR IXP Mel de Galicia

18.000,00 (1)

42.000,00

60.000,00

9.000,00 €

20.242,36 €

29.242,36 €

G-014-PCC-26 CR IXP Pan de Cea

0

5.685,32

5.685,32

0,00 €

2.740,10 €

2.740,10 €

G-015-PCC-26 CR IXP Pataca de Galicia

36.000,00 (3)

42.000,00

78.000,00

18.000,00 €

20.242,36 €

38.242,36 €

G-016-PCC-26 CR IXP Carne de Vacún de Galicia

18.000,00 (1)

42.000,00

60.000

9.000,00 €

20.242,36 €

29.242,36 €

252.000,00

485.516,57

737.516,57

126.000,00 €

234.000,00 €

360.000,00 €

ANEXO II

Gastos atendibles

Nº expediente

Beneficiario

Gastos subvencionables non vinculados á acreditación

Gastos subvencionables vinculados á acreditación

G-001-PCC-26

CR Agricultura Ecolóxica de Galicia

Retribucións brutas e Seguridade Social de técnicos auditores

Cota anual renovación da acreditación UNE-EN-45011-UNE 17065 e gastos de auditoría interna e auditoría ENAC

Analíticas acreditadas UNE 17025

Retribucións do responsable de calidade e técnicos de control

G-002-PCC-26

CR DO Monterrei

Persoal laboral

Persoal para a colleita

Incentivos ao rendemento do panel de cata-comité de certificación

Custos sociais persoal contratado

Material de oficina (relacionado con tarefas de control, como organización das sesións de verificación da aptitude organoléptica)

Gastos de toma de mostras e envío

Acreditación UNE-EN 17065 e xestións relacionadas con ela

Análises químicas

G-003-PCC-26

CR DO Rías Baixas

Ferramenta informática (ERP-Exit B2B)

Equipamentos hard/soft/impres/tarx

Persoal execución programa calidade

Ampliación colaboración coa Universidade de Vigo na consolidación e mellora da implantación do sistema de xestión conforme a norma UNE-EN ISO/IEC 17065

Mantemento e taxas auditoría acreditación

Análises Evega

G-004-PCC-26

CR DO Ribeira Sacra

Soldo e SS da directora técnica e dos auditores

Gastos ENAC. Auditoría mantemento e acreditación

Gastos UVigo (GIO). Consolidación e mellora sistema xestión certificación produto acreditado por ENAC

Laboratorio acreditado

G-005-PCC-26

CR DO Ribeiro

Gastos de persoal: nóminas de xaneiro a maio

Asesoramento UVigo para o mantemento e mellora do sistema de xestión de certificación de produto acreditado por ENAC (convenio 2025)

Auditoría ENAC, cota anual mantemento

G-006-PCC-24

CR DO Valdeorras

Gastos de persoal: salario base e SS técnicos de outubro a decembro

Cota anual mantemento

Auditoría en liña

UVigo: mantemento e mellora do sistema de xestión

G-007-PCC-26

CR DOP Arzúa-Ulloa

Gastos de persoal relacionados coa certificación

Gastos panel de cata

Equipamento informático

Análises queixo LIGAL

Análise específica nutricional

Auditoría Agacal

G-008-PCC-26

CR DOP Cebreiro

Agacal control e certificación

G-009-PCC-26

CR DOP Queixo Tetilla

Retribucións básicas, cotas sociais, axudas de custo persoal CR

Acreditación UNE-EN 17065

Panel de cata (axudas de custo)

Analítica en laboratorio acreditado

G-010-PCC-26

CR DOP San Simón da Costa

Programa de control

Estudo da calidade do queixo San Simón da Costa

Estudo das propiedades do queixo San Simón da Costa curado

G-011-PCC-26

CR das II.XX. Augardentes e licores tradicionais de Galicia

Retribucións, cotas sociais, gastos de desprazamentos, peaxes e axudas de custo do persoal do Consello Regulador, panel de cata e comité de apelación

Material e medios precisos para o desenvolvemento do programa de control recollida de mostras e inspeccións: gastos da compra produto embotellado no punto de venda, e análises laboratorio, teléfono, gastos de transporte do envío de mostras e documentación, material oficina, mobiliario para almacenamento de botellas de mostras, botellas, tapóns, etiquetas, material para o desenvolvemento das catas

Equipamentos, material, aplicacións e programas informáticos para o procesamento, rexistro e tratamento de datos. Mantemento do programa informático

Custo servizo control e certificación realizado pola Agacal

G-012-PCC-26

CR IXP Castaña de Galicia

Control e certificación do produto realizado por Agacal

G-013-PCC-26

CR IXP Mel de Galicia

Gastos de persoal: nóminas, Seguridade Social e axudas de custo

Gastos análise de laboratorio, transporte, material de control e outros

ENAC: auditoría de reavaliación e cota de mantemento

Asesoramento análise sensorial

Laboratorio acreditado

Axudas de custo relacionadas co mantemento da acreditación

G-014-PCC-26

CR IXP Pan de Cea

Control e certificación do produto realizado pola Agacal

G-015-PCC-26

CR IXP Pataca de Galicia

Desprazamentos vehículo

Seguro responsabilidade civil

Compra produto

Soporte informático

Material laboratorio

Gastos de persoal

Mantemento ENAC

Gastos de persoal

G-016-PCC-26

CR IXP Carne de Vacún de Galicia

Salarios e cotas sociais persoal de control e auditorías

Cota anual mantemento acreditación ENAC

Auditoría de reevaluación de ENAC

Laboratorios acreditados (análises substancias/concentrados e ADN 1º semestre 2026)