BDNS (Identif.): 923664.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/923664
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que sexan entidades titulares de plans marisqueiros en réxime de coxestión e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a proxectos que permitan paliar as perdas por mortalidade de moluscos tras a afectación polos episodios de choivas de 2026 (código de procedemento PE209Q).
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 29 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a proxectos que permitan paliar as perdas por mortalidade de moluscos tras a afectación polos episodios de choivas de 2026 (código de procedemento PE209Q).
Cuarto. Contía
O importe máximo das subvencións que se concederán en 2026 será de oitocentos mil euros (800.000 €) nunha única anualidade, a de 2026.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará o quinto día hábil contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
De non se esgotar o crédito dispoñible ou de resultar incrementado este posteriormente en virtude de renuncias, modificacións das resolucións de outorgamento ou dotacións orzamentarias adicionais, poderase emitir unha nova proposta de resolución na cal se incluirán aquelas solicitudes que, cumprindo os requisitos establecidos nesta orde, non puidesen obter inicialmente a condición de beneficiarias por insuficiencia de crédito, atendendo á orde de presentación das solicitudes.
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2026
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
