DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 7 de agosto de 2026 Páx. 43701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 8 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica o acto administrativo ditado no expediente 2018/2-32.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, notifícaselle á persoa interesada referida no anexo, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo emitido no expediente referido no dito anexo e instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, cuxos intentos de notificación foron infrutuosos.

Para o coñecemento íntegro do acto administrativo emprázase a referida persoa interesada por si ou a través do seu representante legal para que, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Sáez Díez, núm. 39, baixo, Ourense, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que o acto de resolución poderá ser impugnado ante o Xulgado de Primeira Instancia desta cidade que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, practicada por comparecencia, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social e Igualdade, segundo o artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Advírtese que, de non atender o acto de citación, practicada a súa notificación por comparecencia ou tras o vencemento do prazo indicado para comparecer, decaerá do dereito ao trámite.

Ourense, 8 de xullo de 2026

Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2018/2-32.

Persoa interesada: 44450008R.

Acto que se notifica: citación para trámite de audiencia do 24.4.2026.