DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 7 de agosto de 2026 Páx. 43703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 16 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ribadumia (expediente IN407A 2026/125-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Substitución do CT Freixo Besomano (36A208) e adecuación da LMTA CBD803.

Situación: Ribadumia.

Características técnicas:

– Retirada do centro de transformación Freixo Besomano (36A208), de 160 kVA, situado no apoio 9UPEL3G4//23-3 CT.

– Retirada do apoio 9UNEHRRH//23-2 (HV-400/R13) e do apoio 9UPEL3G4//23-3 CT (C-3000/14).

– Substitución do apoio existente 9ULDN32S//23-1 por un de tipo celosía C-2000/12 como final de liña.

– Desmontaxe de 217 metros do tramo aéreo entre o apoio 9ULDN32S//23-1 e o centro de transformación que se retira.

– Retensado de 40 metros do tramo da liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV con condutor tipo LA-56, desde o apoio 9UKIGS1U//23 ao apoio proxectado.

– Liña de media tensión subterránea en condutor RHZ1-150 (7 m) con inicio no PAR proxectado sobre a liña existente e final no CT proxectado na parcela con referencia catastral 36046D501011700000PT. Novo tramo en condutor RHZ1-150 (7 m) con inicio no CT proxectado e final no PAR proxectado sobre a liña existente.

– Centro de transformación compacto con envolvente de formigón prefabricada, manobra exterior, 2L+1P TC de 250 kVA, con relación 20.000/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36046D501011700000PT.

A instalación está situada na rúa do Freixo, no concello de Ribadumia (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37, así como no portal da mencionada consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 16 de xullo de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente: IN407A 2026/125-4.

Denominación: Substitución do CT Freixo Besomano (36A208) e adecuación da LMTA CBD803.

Concello: Ribadumia.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio

Servidume

Apoio (m2)

ml sub.

m2 sub.

1

Rúa do Freixo, 23.

Ribadumia

Rústico. Agrario

36046D501011700000PT

María Concepción Alfonsín Núñez

16,81

6

11,44