DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 7 de agosto de 2026 Páx. 43706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 16 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2026/121-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Substitución do apoio B1W3SK0V//88-A1 na LMT LAL811.

Situación: Lalín.

Características técnicas:

– Substitución do apoio B1W3SK0V//88-A1 por un novo de celosía C-2000/14 en amarre cunha H-35 para a liña principal e unha tipo derivación. Recolocación dos XS existentes no apoio que se vai substituír.

– Substitución do tramo da LMTA LAL811, con condutor LA-56, de 95 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado e final no apoio B1VP4228//88-A2.

– Substitución do tramo da derivación da LMTA LAL811, con condutor LA-56, de 11 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado e final no apoio B1W8B8BA//88-A1-1.

– Retensado de 28 metros en condutor LA-56 do tramo da liña de media tensión aérea (LMTA) LAL811 desde o apoio B1W8B8CB//88 ata o apoio proxectado.

– A instalación está situada no lugar de Castro de Cabras, no concello de Lalín (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto encóntrase a disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Durante o devandito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 16 de xullo de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2026/121-4.

Denominación: Substitución do apoio B1W3SK0V//88-A1 na LMT LAL811.

Concello: Lalín.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio

Servidume

Apoio

ml sot.

m² sot.

1

Cubela

Rústico/agrario

36024A112005860000BM

Antonio Ledo Coego

1

2

-

-