De conformidade co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ante a imposibilidade de efectuar notificación ás persoas titulares das parcelas que a continuación se detallan, mediante o presente comunícaselles ás persoas titulares e responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:
|
Expediente |
Titular catastral |
Referencia catastral |
Lugar |
Parroquia |
|
212/2026 |
A.R.R. |
32050A097000980000LP |
Sanfitoiro |
Santa María de Montederramo |
|
214/2026 |
R.R.R. |
32050A097000990000LL |
Sanfitoiro |
Santa María de Montederramo |
En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa nas parcelas sinaladas.
Transcorrido o devandito prazo, e en caso de persistir o incumprimento, o Concello de Montederramo procederá á execución subsidiaria con repercusión á persoa titular dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición en dependencias municipais.
Montederramo, 16 de xullo de 2026
Óscar Diéguez González
Alcalde
