En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Pablo Lage Portela, en representación da Comunidade de Regantes de Vilán.
Expediente: DH.A36.116605.
Volume total anual: 23.452,95 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 1,45 l/s.
Destino: rega.
Orixe: tres (3) mananciais (M1, M2 e M3) na parcela 7, polígono 17, do catastro de Fornelos de Montes.
Lugar: Vilán.
Parroquia: Fornelos de Montes.
Concello: Fornelos de Montes.
Descrición:
A auga de M1 e M2 condúcese a caseta na parcela 8, polígono 17. A de M3 condúcese a caseta na parcela 159, polígono 17. As casetas conteñen depósitos individuais dos cales parten conducións ás parcelas de rega que abastece a Comunidade.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira, 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.
Vigo, 30 de abril de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
