DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 7 de agosto de 2026 Páx. 43720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de xullo de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por vencemento do prazo de concesións de augas (expediente DH.A36.15383 e dezanove máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A36.15383 e dezanove máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A36.15383

Carmen Amigo Domínguez

4.510 m3

Manancial

Uso doméstico, rega e gandeiro

L: Bazar
P: Abades
C: Silleda

DH.A36.14536

José Vidal Blanco

15.569 m3

Manancial

Uso doméstico, rega e gandeiro

L: Campelo
P: Escuadro
C: Silleda

DH.A36.16182

Marina Núñez Castro

14.976 m3

Río Bermaña (bacía do

río Umia)

Accionamento dun muíño con fins etnográficos

L: A Veiga
P: Caldas de Reis
C: Caldas de Reis

DH.A36.15203

Matilde Fernández Domínguez

4.665 m3

Derivación do río da Chanca

Accionamento de muíño con fins etnográficos

L: Pontedena
P: Dena

C: Meaño

DH.A27.05076

José Antonio Sans Grau

6.137,48 m3

Pozo

Doméstico e gandeiro

L: Carballedo
P: Augas Santas

C: Palas de Rei

DH.A27.05784

Manuel Rega Pardeiro

1.576,8 m3

Manancial

Doméstico e gandeiro

L: Pedreira
P: Adelán
C: Alfoz do Castrodouro

DH.A27.05705

Vanesa Villarabide Carril

4.415 m3

Pozo

Gandeiro

L: Remonde
P: Remonde
C: Palas de Rei

DH.A15.19403

Ramón Lema Agra

1.172 m3

Manancial

Abastecemento e gandeiro

L: As Pereiras
P: Lamas

C: Zas

DH.A15.25686

SAT Cives

8.584 m3

Manancial

Abastecemento

L: Cives
P: Colúns
C: Mazaricos

DH.A15.27563

SAT Ganadería Insua

4.130 m3

Pozo de barrena

Gandeiro

L: Insua
P: Prevediños
C: Touro

DH.A15.25284

Carlos Trillo Suárez

223,9 m3

Manancial

Doméstico

L: Rons
P: Campelo
C: Negreira

DH.A15.28252

Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais

300 m3

Manancial

Depósito de auga para extinción de incendios

L: Fraemelle
P: San Fiz de Monfero

C: Monfero

DH.A15.27029

Talleres Picón, S.L.

130 m3

Pozo de barrena

Uso industrial

P: Barro
C: Noia

DH.A15.23680

Manuel Bargo Mayán

536,12 m3

Manancial

Gandeiro

L: San Xusto
P: Toxos Outos
C: Lousame

DH.A15.21790

Lasurgal, S.L.

18.513 m3

Pozo de barrena

Industrial

L: Polígono Industrial de Melide
P: Furelos
C: Melide

DH.A15.27539

Herminia Rey Garea

10.950 m3

Pozo de barrena

Gandeiro

L: A Cortiñela
P: Xubial
C: Melide

DH.A36.7970

Comunidade de Usuarios dos Seis

1.892 m3

Manancial

Uso doméstico

L: A Madanela
P: Agudelo
C: Barro

DH.A15.24070

Comercial de Queseros

Arzuanos, S.C. e

Sociedade de

Transformación Finca Arosa

12.614 m3

Pozo de barrena na parcela 221 do polígono 504

Uso doméstico e industrial

L: Arosa
P: parroquia de Xanceda

C: Mesía

DH.A36.06644

Comunidade de Usuarios Curro

2.200 m3

Dous mananciais

Uso doméstico e gandeiro

L: Brañas
P: Xestoso
C: Silleda

DH.A15.18378

Hormigones Alvedro, S.L.

18.922 m3

Tres pozos

Uso industrial

L: Alvedro
P: Almeiras
C: Culleredo