DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 10 de agosto de 2026 Páx. 44027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 5 de agosto de 2026, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente P-049/12.

Por resultar descoñecido o enderezo da persoa interesada, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de agosto de 2026

Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto obxecto de notificación

P-049/12

DNI 36174869D

Notificación de lanzamento

P-049/12

DNI 76996904B

Notificación de lanzamento