Mediante a Resolución de Alcaldía, do 19 de maio de 2026, aprobáronse a convocatoria e as bases do proceso de selección para a cobertura en quenda libre dunha vacante de peón de limpeza do pavillón municipal do Concello da Guarda, correspondente á oferta de emprego público de 2025, e para a creación dunha bolsa de emprego, que foron publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 125, do 3 de xullo.
As bases íntegras publicaranse na sede electrónica do Concello da Guarda:
www.aguarda.sedelectronica.gal
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
A Guarda, 3 de xullo de 2026
Roberto José Álvarez Carrero
Alcalde
