DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 10 de agosto de 2026 Páx. 44029

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

APROBACIÓN inicial do Plan parcial SUD-8 O Carballo (expediente 2022/PLANEAM/000020-FG número 707).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2026004372, do 24 de xullo, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan parcial do sector do solo urbanizable delimitado SUD-8, O Carballo (documento NRE 2026012818 do 11 de xuño).

De conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público por un prazo de dous meses, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas, na web do Concello, apartado Urbanismo-Trámites de información pública.

Quedan suspendidas as licenzas urbanísticas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito do SUD-8, dado que o documento aprobado inicialmente supón unha modificación da ordenación urbanística vixente.

Oleiros, 27 de xullo de 2026

Ángel García Seoane
Alcalde presidente