DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 10 de agosto de 2026 Páx. 43987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 29 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 5 das normas subsidiarias de planeamento municipal: redelimitación do núcleo rural de Cachosenande no concello de Boqueixón (expediente 2026AAE3094).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 28 de xullo de 2026 sobre a modificación puntual número 5 das normas subsidiarias de planeamento municipal: redelimitación do núcleo rural de Cachosenande no concello de Boqueixón.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2026AAE3094).

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade