De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación das resolucións ditadas nos expedientes instruídos que se relacionan no dito anexo, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta nos ditos expedientes tramitados no Departamento Territorial de Vigo.
Para o coñecemento íntegro das resolucións, a persoa interesada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra as resolucións poderá interpoñerse recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos, no caso de oposición á ditas resolucións administrativas, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.
Vigo, 16 de xullo de 2026
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Nº de expedientes: 2017/214-36 e 2020/235-36.
Persoa interesada: 53199578A.
Acto que se notifica: resolucións administrativas do 1 de xuño de 2026.
Efectos xurídicos que producen as resolucións: establecemento de medida administrativa.
