DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 10 de agosto de 2026 Páx. 43992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2026/47-2).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionaria: Hidroeléctrica José Matanza García, S.L.

Domicilio social: Casares, 11, 27520 Carballedo, Lugo.

Denominación: Renovación de apoios baixo traza existente e aumento de sección de condutor en tramo LMTA 20 kV liña PPAL. Casares-Besteiriños (tramo II).

Situación: Concello de Carballedo.

Características técnicas principais:

• Renovación da liña aérea de alta tensión a 20 kV Casares-Besteiriños (tramo II) (expte. 1.365-AT), con orixe no apoio existente número 37 tipo Acacia 200 CA e final no apoio existente (expte. 156-2025-AT) número 48 en condutor proxectado cunha lonxitude de 974,51 metros (192,6 metros en condutor CCX 47-AL1/8-ST1A 20 kV e 781,91 metros de condutor tipo LA-56 47-AL1/8-ST1A); instálanse 9 apoios novos de formigón tipo HV.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 57.104,00 €.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Carballedo.

• Separata para a Confederación Hidrográfica do Miño Sil.

• Separata para o Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, concederlles a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En caso de resultar aplicable, en función da tipoloxía da instalación, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, xunto coa documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 10 de xullo de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo