DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 10 de agosto de 2026 Páx. 43980

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2026 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir oito prazas da categoría profesional de auxiliar técnico de servizos, grupo IV.1, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 21 de febreiro de 2025 (DOG do 5 de marzo e BOE do 19 de marzo) convocáronse probas selectivas para cubrir oito prazas da categoría profesional de auxiliar técnico de servizos, grupo IV.1, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral, e noméase o tribunal cualificador das ditas probas selectivas.

Na base 5.3 da Resolución do 21 de febreiro de 2025 disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, a reitora

RESOLVE:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Andrés Proupín Castiñeiras, persoal laboral fixo do grupo III da USC, nomeado vogal titular do tribunal cualificador.

Segundo. Nomear a Ángel Sánchez García, persoal laboral fixo do grupo IV.1 da USC, vogal titular en substitución de Andrés Proupín Castiñeiras.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer demanda, ante o Xulgado do Social, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do artigo 69 da Lei 36/2011, reguladora da xurisdición social.

Non obstante, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou, ao abeiro do artigo 123 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2026

Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela