Na sesión que tivo lugar o 4 de agosto de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño de 2024), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 4 de xullo de 2025 (DOG núm. 132, do 11 de xullo), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil.
Mediante a Resolución do 23 de xuño de 2026 do mesmo tribunal (DOG núm. 118, do 26 de xuño) faise pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á especialidade de educación infantil.
Finalmente, pola Resolución do 9 de xullo de 2026 do devandito tribunal (DOG núm. 128, do 10 de xullo) procédese á modificación da baremación definitiva e a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á especialidade de educación infantil.
O 3 de agosto de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña a sete novas persoas aspirantes, xa que as propostas co número 30, Martínez Lamosa, Paula (***3319**), 255, Boo Mirás, María Jesús (***9641**), 256, Conde López, Aránzazu (***9685**), 338, Martínez Pena, Elena (***9724**), 392, Lobato Vázquez, Mª Luisa (***2662**), 426, Núñez González, Ana Mª (***1783**), e 520, Díaz Hidalgo, Margarita (***0002**), presentaron a súa renuncia respecto deste proceso selectivo.
A base III.4 da convocatoria dispón que: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta puntos. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira».
Por todo isto, este tribunal acorda aprobar a relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, atendendo á orde das puntuacións obtidas no mesmo, facendo pública esta relación complementaria como anexo I, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
Desta relación cabe excluír ás persoas aspirantes González Vaz, Esperanza (***1308**) e Martínez Veiga, Nuria (***9195**) por participar no acto de elección de destino correspondente á escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil (C1) en virtude do disposto na Resolución do 16 de xullo de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador infantil; no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar coidadores (DOG núm. 134, do 20 de xullo), resultando adxudicatarias dun posto na mesma escala/especialidade, de conformidade coa Resolución do 5 de agosto de 2026 (DOG núm. 148, do 7 de agosto).
Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Terceiro. Elevar a devandita relación complementaria de persoas aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Cuarto. Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2026
Alba Flavia Nieto Suárez
Presidenta suplente do tribunal
ANEXO I
Relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: C1 (concurso).
Corpo/categoría: corpo de técnicos de carácter facultativo, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil (208J).
|
Núm. de orde |
DNI/NIE |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
1 |
***6571** |
Castro Arcos, Margarita |
Libre |
39,680 |
|
2 |
***2355** |
Padua Caminos, Leticia Cristina de |
Libre |
39,100 |
|
3 |
***7727** |
Cheda Pego, María Rocío |
Libre |
39,000 |
|
4 |
***2883** |
Vázquez Fernández, María Concepción |
Libre |
38,980 |
|
5 |
***6564** |
Pérez Domínguez, Rosa María |
Libre |
38,900 |
|
6 |
***0423** |
Pena Rivera, Óscar |
Libre |
38,900 |
|
7 |
***3349** |
Malvido Rodríguez, Carmen |
Libre |
38,705 |
