DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 11 de agosto de 2026 Páx. 44148

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, pola que se fai pública a relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala auxiliar de coidadores.

Na sesión que tivo lugar o 4 de agosto de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño), modificada polas resolucións do 7 de xuño de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño) e do 27 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo, e no DOG núm. 87, do 8 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 16 de xuño de 2025 (DOG núm. 114, de 17 de xuño) do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, publicouse a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso a determinados corpos, escalas e especialidades.

Mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de xullo de 2026 convocouse para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador infantil; no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar coidadores (DOG núm. 134, do 20 de xullo).

De conformidade co indicado no punto cuarto da dita resolución, un total de vinte e cinco persoas aspirantes propostas decaeron no seu dereito á participación no proceso selectivo, ás que cabe engadir dúas persoas aspirantes que renunciaron ao dito proceso.

Con posterioridade á publicación da antedita resolución, foron presentadas renuncias polas persoas aspirantes: co número de orde 148, Taibo Rodríguez, Rubén (***0496**), acceso libre; 149, Deus Muñiz, Victoria Inés (***6470**), acceso libre; 165, Rodríguez Peña, Ana Isabel (***6170**), acceso libre; e, 333, González Navaza, Silvia (***7073**), acceso libre.

A base III.4 da convocatoria dispón que: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira».

Por todo o cal, o 4 de agosto de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña novas persoas aspirantes.

Por todo isto, este tribunal acorda aprobar a relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores, atendendo á orde das puntuacións obtidas nel. Esta relación complementaria faise pública como anexo I, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron os proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar a devandita relación complementaria de persoas aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2026

Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal

ANEXO I

Relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: C2 (concurso).

Corpo/categoría: corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores (207Y).

Núm. de orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

1

***9386**

Moreira Martínez, María del Carmen

Libre

35,200

2

***4912**

Andrade Fernández, María Luisa

Libre

35,100

3

***6288**

De Miguel Rodríguez, Amaya Belén

Libre

34,840

4

***9823**

Lorenzo Fernández, Pablo

Libre

34,700

5

***8229**

Barreiro Castro, Milagros

Libre

34,200

6

***2839**

Arias González, Lía Isabel

Libre

34,000

7

***6121**

González Pose, María Soledad

Libre

33,700

8

***9106**

Loira Rodríguez, Purificación

Libre

33,400

9

***1739**

Chouciño Martínez, Silvia

Libre

33,400

10

***9194**

Tasende Pombo, María Aurora

Libre

33,200

11

***4406**

García Darriba, Ana María

Libre

33,100

12

***3589**

Alfonsín Coejo, Milagros

Libre

33,000

13

***6082**

Carbajo Fernández, Remedios

Libre

32,800

14

***2985**

Rolán Pérez, Josefa

Libre

32,680

15

***8661**

Varela Pazos, Raquel

Libre

32,500

16

***9855**

Lago García, Carlos

Libre

32,500

17

***9081**

Rúa Nieto, María Teresa

Libre

31,720

18

***6965**

Gómez Fernández, Alfredo Antonio

Libre

31,700

19

***0419**

Díaz Campelle, Carmen

Libre

31,300

20

***8479**

Lorenzo Agromayor, María del Tránsito

Libre

30,400

21

***8025**

Pérez Dopeso, Mª Pilar

Libre

30,400

22

***4550**

Rodríguez Veiga, María José

Libre

30,300

23

***7010**

Blanco Souto, Ramón

Libre

30,100

24

***9386**

Rey Osinde, María Luisa

Libre

30,100

25

***8901**

Costas Táboas, Aurora del Alba

Libre

30,100