Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, núm. 79, 1º, 32004 Ourense).
O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.
O prazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará a resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previsto na lei.
Ourense, 29 de xullo de 2026
A directora territorial de Ourense
P.S. (Orde do 18.6.2026)
Luz Mª Costa Fontán
Secretaria da Comisión
ANEXO
|
Nº de expediente |
DNI/equivalente |
|
PR204A 2026/1120-3 |
Z0208562A |
|
PR204A 2026/1356-3 |
34279340W |
|
PR204A 2026/1418-3 |
44655637X |
|
PR204A 2026/1426-3 |
44655637X |
|
PR204A 2026/1490-3 |
71092132Y |
|
PR204A 2026/3071-3 |
45142897S |
|
PR204A 2026/3153-3 |
32797348S |
|
PR204A 2026/3161-3 |
44445127L |
|
PR204A 2026/3224-3 |
34994186P |
|
PR204A 2026/3471-3 |
X4867874Q |
